Calendario
Eventos do mes Outubro de 2020
Concurso Xeral de Traslados
Publicada no DOG a convocatoria de concurso xeral de traslados para o curso 2020/2021 con prazo de participación do 5 ao 26 de novembro de 2020.
Programa Arco
A web da Consellaría publica a resolución definitiva de centros admitidos e excluídos na iniciativa Arco 20/21.
Clubes de lectura
A Consellaría de Educación publica a convocatoria dos clubes de lectura nos centros públicos de ensino para o curso 2020/2021.
Interinidades en pedagoxía terapéutica
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica.
Concurso de Podcasts 'A Radio na Biblio'
A Consellaría publica a resolución do II Concurso de Podcasts - Radio na biblio.
Interinidades en soldadura
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de soldadura (FP).
Eleccións dos consellos escolares
Publicada unha resolución pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes.
Interinidades en procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos
Publica a web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e o baremo provisional das listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de secundaria de procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos.
Interinidades en cociña e pastelaría
Publicada na páxina web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional para as listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de PTFP de cociña e pastelaría.
Interinidades en patronaxe e confección
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións en patronaxe e confección (PTFP).
Titorías do prácticum do Mestrado de profesorado da ESO e FP
Na web publica a Consellaría a relación definitiva de profesorado titor do prácticum do mestrado de profesorado de ESO, FP e EOIs para o curso 2020/2021.
Interinidades en Lingua e literatura galegas
Publicada a listaxe definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en Lingua galega e literatura (secundaria).
Interinidades en mantemento de vehículos
Publicada a listaxe definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo das listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de PTFP de mantemento de vehículos.
Interinidades en inglés de EOI
Na web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional da especialidade de EOI de inglés.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Publicadas as puntuacións provisionais dos premios da ESO ao esforzo e á superación persoal do curso 2019/2020.
Interinidades en chinés, italiano e xapónes
Publicada a relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listaxes de interinidades e substitucións nas especialidades de EOI de chinés, italiano e xaponés.
Radio na Biblio
A Consellaría anuncia na súa páxina web a relación dos 30 centros que se integran no programa Radio na Biblio no presente curso 2020/21, así como a relación de centros de continuidade (79).
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Publicadas as listaxes definitivas co alumnado excluído e admitido na convocatoria dos premios na ESO ao esforzo e á superación persoal do curso 2019/2020.
Instrucións para a saída do alumnado do recinto escola
Publica a Consellaría na páxina web unhas instrucións para permitir a saída do recinto escolar do alumnado maior de 16 anos.
Interinidades en matemáticas
Publicada a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional para a inclusión nas listaxes de interinidades e substitucións de matemáticas de secundaria.
Interinidades en organización e procesos de mantemento de vehículos
Na web da Consellaría a relación definitiva de persoal admitido e excluído, así como o baremo definitivo, para as listaxes de interinidades e substitucións de organización e procesos de mantemento de vehículos (secundaria).
Curso de función directiva
No DOG a convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes.
Iniciativa Arco 2020/21
A web da Consellaría anuncia a publicación da resolución provisional dos centros seleccionados e excluídos da Iniciativa Arco 2020/2021.
Procedemento para incluirse nas listaxes de interinidades
Publicada no DOG unha resolución pola que se habilita o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións de docentes.
Interinidades en especialidades primaria, secundaria e FP
Anúnciase a apertura de listaxes de interinidades en secundaria (lingua castelá e literatura, francés, sistemas electrónicos, sistemas electrotécnicos e automáticos), FP (Equipamentos electrónicos, Fabricación e instalación de carpintería e moble e instalacións electrotécnicas) e en francés de primaria.
Interinidades en clave, contrabaixo e percursión
Anúnciase a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades do corpo de música de clave, contrabaixo e percusión.
Axudas para alumnado na FCT
Publicada no DOG a resolución coas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Robótica en primaria
A web da Consellaría anuncia a resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2020/21.
Prácticum do mestrado do profesorado de FP
Na web da Consellaría aparece a selección provisional de docentes para a titorización do prácticum de máster do profesorado técnico de FP.
Interinidades en fútbol
Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade fútbol.
Interinidades en fagot
Publicada a relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listaxes e interinidades e substitucións para a especialidade no corpo de profesores de música na especialidade de fagot.
Interinidades en informática
A Consellaría publica a relación definitiva e o baremo definitivo das listaxes para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de informática de secundaria.
Interinidades en sistemas e aplicacións informáticas
Na web da Consellaría a relación definitiva de persoal admitido e excluído así como o baremo definitivo das listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de sistemas e aplicacións informáticas de FP.
Modificación no acordo de traballo do persoal interino e susbtituto
Publicada no DOG unha nova disposición transitoria ao texto refundido do acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto.
Club de letras
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional cos centros centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Letras" no curso 2020/21.
Programa Biblioteca Creativa
Na web da Consellaría publícase a selección de 25 centros que se incorporan ao programa Biblioteca Creativa no curso 2020/21.
Formación para profesorado de FP
Publicada na web da Consellaría a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2020-2021.
Titorías do prácticum do Mestrado de profesorado
Publicación da listaxe provisional de titores do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2020/21.
Interinidades en Lingua e literatura galegas
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura de secundaria.
Interinidades en francés
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en francés de secundaria.
Interinidades en mantemento de vehículos
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en mantemento de vehículos (FP).
Interinidades en chinés, italiano e xaponés.
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de chinés, italiano e xaponés da EOI.
Consellos escolares
No DOG estabélecese o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares dos centros docentes.
Corrección de erros no CADP
No DOG aparece unha corrección de erros sobre a resolución definitiva da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2020/2021.
Interinidades en organización e procesos de mantemento de vehículos
Publícase a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional das listaxes de interinidade e substitucións de organización e procesos de mantemento de vehículos.
Interinidades en informática
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións da especialidade de informática de secundaria.
Interinidades en sistemas e aplicacións informáticas
A web da Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en sistemas e aplicacións informáticas (FP).
Interinidades en fagot
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en fagot.
Participación nos contratos programa
Ampliado o prazo de participación na convocatoria de contratos-programa do curso 2020/2021 até o 13 de outubro.
Plan Proxecta
Publicada na páxina web da Consellaría a resolución pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes durante o curso 2020/21.
Premios educativos Innovagal
A Consellaría anuncia que amplía o prazo de participación na convocatoria dos premios educativos Innovagal até o luns 19 de outubro de 2020.
Resolución do CADP no DOG
Publicada no DOG a resolución pola que se realiza a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente de secundaria, FP...
Permutas provisionais concedidas
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional dos intercambios provisionais concedidos para o curso 2020/2021.