Calendario
Eventos do mes Setembro de 2020
Medidas a adoptar pola COVID-19
Publicadas no BOE medidas urxentes a adoptar no ámbito do ensino non universitario.
Interinidades en francés
Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións de francés en secundaria.
Aulas habilitadas en primaria
Na web da Consellaría publicada a relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas en centros públicos.
STEMbach
Publicada a resolución definitiva da resolución definitiva de centros autorizados para impartir o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) durante o curso 2020/21.
Clube de ciencia
Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros públicos durante o curso 2020/21.
Robótica en primaria
Na web da Consellaría a convocatoria para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” durante o curso 2020/21.
Modificación do programa ARCO
A Consellaría publica unha modificación da súa iniciativa ARCO para o curso 2020/2021.
Axudas para comedores escolares
Publicada no DOG a resolución coas axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas ANPAS dos centros públicos para o curso académico 2019/20.
Radio na Biblio
Convocado o programa de Radio na biblio para o curso 2020/2021.
Club de letras
A Consellaría anuncia que amplía o prazo de convocatoria do programa Club de Letras.
Novo protocolo ante a COVID-19
Publica a Consellaría unha actualización do protocolo de centros e os novos protocolos específicos ante a COVID-19 para os centros de ensino durante o curso 2020/2021.
Protocolo COVID para comedores
Publicado na páxina web da Consellaría unha especificación do protocolo contra a COVID-19 para ser aplicado nos comedores escolares.
Protocolo COVID para alumnado con NEE
A Consellaría publica unha especificación do protocolo contra a COVID-19 dirixida ao alumnado con necesidades educativas especiais.
Servizos mínimos para a folga en secundaria
No DOG as normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino secundario do día 23 de setembro de 2020.
Comité de persoas expertas para a emerxencia santiaria
Publica o DOG a composición do Comité Educativo de Persoas Expertas para afrontar a emerxencia sanitaria derivada da pandemia.
Revisión medica
Anúnciase que o martes 22 de setembro se abre o prazo de 20 días naturais para solicitar a participación na campaña da vilixancia periódica da saúde do profesorado.
Resolución definitiva do CADP de secundaria
Publicada na páxina web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de destinos provisional do profesorado de secundaria para o curso 2020/2021.
Novas instrucións para o comezo de curso
Publicada no DOG unha orde coas novas instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21.
Titorías do prácticum do Mestrado de profesorado de FP
Publicada no DOG a resolución pola que se estabelece a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do PTFP para o curso 2020/2021.
Nomeamento de profesorado interino
A Consellaría informa na súa páxina web de que os contratos de interinidade para o curso 2020-2021 comezarán inmediatamente despois de que rematen os do curso 2019-2020, independentemente de cal sexa o día que se publique a resolución definitiva do CADP.
Titorías do prácticum do profesorado
Publicada a resolución para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do máster en profesorado de ESO e bacharelato, FP e ensinanzas de idiomas para o curso 2020/21.
Comisións de saúde
Publicada a resolución coas solicitudes procedentes ou improcedentes da concesión das comisións de servizo por motivos de saúde para situacións de causas sobrevidas.
STEMbach
Publicada a relación de centros autorizados e de continuidade para participar no Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) durante o curso 2020/21.
Servizos mínimos para a folga
Publicados no DOG os servizos mínimos que a Consellaría de Educación determina para folga do ensino convocada para os días 10 e 16 de setembro de 2020.
Guía das instrucións de saúde para os centros
Publicada na web da Consellaría a Guía resumo das Instrucións coas actuacións coordinadas en materia de saúde pública para o curso 2020/2021.
Declaración responsable das familias da autoavaliación ante a COVID
Pon a disposición a Consellaría o modelo de declaración responsable que as familias deberán asinar para que o alumnado se incorpore ao centro no curso 2020/2021.
Cartelaría COVID-19 actualizada
A Consellaría pon a disposición dos centros de ensino na súa páxina web os modelos de cartelería sobre a vixiancia da saúde durante a pandemia.
Interinidades en inglés e francés de primaria
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva co profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de mestres especialidades inglés e francés.
Asistencia a actividades de formación
Publicada no DOG a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado durante o ano 2019.
Praza de lingua galega en Londres
Resolta a convocatoria do concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).
Proxecto Biblioteca Creativa
Anunciada na páxina web da Consellaría a convocatorio do proxecto Biblioteca creativa dirixido para apoiar a cultura da experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos de infantil e primaria.
Bibliotecas nos centros privados
Convocadas as axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2020/21.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
No DOG a resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios para o curso 2020/21.
Premios educativos Innovagal
Publicada na páxina da Consellaría a convocatoria dos premios educativos Innovagal.
Incorporación gradual ás aulas no curso 2020/2021
Na web da Consellaría a resolución pola que se estabelece a incorporación gradual do alumando no curso 2020/2021.
Instrucións para a biblioteca
Publicadas as instrucións para a organización e funcionamento das bibliotecas escolares no curso 2020/2021.