Calendario
Eventos do día 04 de Setembro de 2020
Guía das instrucións de saúde para os centros
Publicada na web da Consellaría a Guía resumo das Instrucións coas actuacións coordinadas en materia de saúde pública para o curso 2020/2021.
Declaración responsable das familias da autoavaliación ante a COVID
Pon a disposición a Consellaría o modelo de declaración responsable que as familias deberán asinar para que o alumnado se incorpore ao centro no curso 2020/2021.
Cartelaría COVID-19 actualizada
A Consellaría pon a disposición dos centros de ensino na súa páxina web os modelos de cartelería sobre a vixiancia da saúde durante a pandemia.
Interinidades en inglés e francés de primaria
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva co profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de mestres especialidades inglés e francés.