Calendario
Eventos do día 28 de Setembro de 2020
Aulas habilitadas en primaria
Na web da Consellaría publicada a relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas en centros públicos.
STEMbach
Publicada a resolución definitiva da resolución definitiva de centros autorizados para impartir o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) durante o curso 2020/21.
Clube de ciencia
Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros públicos durante o curso 2020/21.
Robótica en primaria
Na web da Consellaría a convocatoria para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” durante o curso 2020/21.
Modificación do programa ARCO
A Consellaría publica unha modificación da súa iniciativa ARCO para o curso 2020/2021.