Calendario
Eventos do día 14 de Outubro de 2020
Programa Biblioteca Creativa
Na web da Consellaría publícase a selección de 25 centros que se incorporan ao programa Biblioteca Creativa no curso 2020/21.
Formación para profesorado de FP
Publicada na web da Consellaría a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2020-2021.
Titorías do prácticum do Mestrado de profesorado
Publicación da listaxe provisional de titores do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2020/21.
Interinidades en Lingua e literatura galegas
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura de secundaria.
Interinidades en francés
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en francés de secundaria.