Calendario
Eventos do día 28 de Outubro de 2020
Eleccións dos consellos escolares
Publicada unha resolución pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes.
Interinidades en procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos
Publica a web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e o baremo provisional das listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de secundaria de procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos.
Interinidades en cociña e pastelaría
Publicada na páxina web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional para as listaxes de interinidades e substitucións da especialidade de PTFP de cociña e pastelaría.
Interinidades en patronaxe e confección
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións en patronaxe e confección (PTFP).