Calendario
Eventos do día 18 de Decembro de 2020
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE
Publicada na web a proposta de resolución provisional das axudas a centros privados concertados para atención de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2020/2021.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Publicada a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20.
Uso dos servizos educativos dixitais corporativos
Publicadas na web da Consellaría as instrucións relativas ao uso dos servizos educativos dixitais corporativos no marco da emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19.