Calendario
Eventos do día 01 de Decembro de 2020
Formación permanente do profesorado
Listaxe definitiva dos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos no curso 2020/2021.
Novo nome para o CEIP de Castrelo do Val
Autoriza a Consellaría o cambio de denominación do CEIP Castrelo do Val (Ourense) que pasa chamarse CEIP plurilingüe Raúl Fernández.
Concurso de adultos
Publicada no DOG a orde pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de secundaria, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Concurso de orientación
Convocado o concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos CEIPs, CEPs e CEEs.
Interinidades en procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para cubrir interinidades ou substitucións na especialidade de procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos (PES).
Clubes de lectura
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional dos Clubes de Lectura para o curso 2020/2021.
Interinidades en fabricación e instalación de carpintería e moble
Publicada a relación definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo da listaxe de interinidades e substitucións da especialidade de FP de fabricación e instalación de carpintería e moble.