Calendario
Eventos do día 03 de Decembro de 2020
Atención a alumnado vulnerábel durante a pandemia
Publicadas no DOG as instrucións para a atención educativa ao alumnado vulnerable ou alumnado con conviventes vulnerables durante o curso 2020/21 como consecuencia da pandemia da COVID-19.
Interinidades en inglés de EOI
Publicada a relación definitiva de persoal admitido e excluído e o baremo definitivo para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de inglés de Escola Oficial de Idiomas.
Interinidades en mecanizado e mantemento de máquinas
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de mecanizado e mantemento de máquinas do corpo de PTFP.
Interinidades en sistemas e aplicacións informáticas
A Consellaría publica na web a relación provisional de persoas admitido e excluído e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de formación profesional de sistemas e aplicacións informáticas.