4018 resultados

A Consellaría comeza unha nova privatización coa certificación do coñecemento do inglés
Anuncia tres exames de certificación que levarán a cabo empresas privadas.

A CIG-Ensino demándalle á Consellaría que flexibilice o permiso por nacemento da outra persoa proxenitora no caso de hospitalización das crianzas
A Consellaría non pode permitir que a existencia de complicacións nun parto sexa un obstáculo para exercer un dereito

A Consellaría de Educación non se toma en serio a formación en igualdade, convivencia e inclusión
Matricula obrigatoriamente o profesorado nun módulo de formación “autoxestionada”, e sen o seu coñecemento previo

O MECD pecha unhas negociacións do acceso aos corpos docentes atadas desde o principio por un mal acordo de redución de temporalidade
A CIG-Ensino demanda ao MECD e ao resto de sindicatos da Mesa de Madrid a anulación do Acordo de marzo de 2017 que deu lugar á situación actual e a eliminación permanente e definitiva da taxa de reposición no ensino público
Os orzamentos da Consellaría de Educación inciden nos recortes no ensino público e consolidan a redución dos cadros de persoal docente
A CIG-Ensino denuncia o papel secundario que ten este departamento no conxunto da Xunta. Malia a súa importancia estratéxica e a contar co maior volume de recursos humanos, os gastos en persoal soben máis no cómputo global da Xunta que en Educación.

O MECD incide nunha proposta de sistema selectivo que non atende a necesidade dun proceso de consolidación
Unha falsa negociación que roza o esperpento

A CIG-Ensino insta á Consellaría a recoñecer xa como servizos prestados as vacacións aboadas e non gozadas do profesorado
A CIG-Ensino vén de remitirlle un escrito ao conselleiro no que lle lembra o compromiso de recoñecer como servizos prestados o período de vacacións aboadas e non gozadas por parte do persoal substituto que traballou para a administración desde 2001.

25 de novembro: O ensino contra a violencia machista
A CIG-Ensino súmase aos actos de repulsa co gallo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e realiza actividades para tratar esta problemática en todos os ámbitos sociais

ABAU. Por enésima vez a Consellaría non escoita o profesorado galego e o conxunto da comunidade educativa
O Conselleiro anuncia despois dunha reunión coa CIUG e as Universidades que este curso remata a ABAU de setembro, pasando a proba a xullo no 2019

Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
VIOLENCIA: NIN NA RÚA, NIN NO TRABALLO NIN NA CASA
Aulas baleiras por unha Lei Galega de Educación e contra a LOMCE
Baixo o lema "Imos baleirar as aulas para encher as rúas", estudantes do ensino medio e superior de Galiza, convocados por Erguer, concentráronse en 13 puntos do territorio galego para reclamarlle ao goberno do Estado que derrogue a LOMCE
páxina 133 de 310