
Publicadas as listaxes provisionais de substitucións
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018/2019 do corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional
Xúntanse as Resolucións do 16 de outubro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018-2019 correspondentes ao corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.
- As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (16 de outubro de 2018) desta resolución no portal de internet da Consellería de Educación.
- As alegacións serán por rexistro, xa sexa ordinario ou electrónico.
- Non se admitirán as alegacións formuladas mediante o correo electrónico.
Tedes toda a información sobre o persoal interino e substituto na seguinte ligazón da nosa páxina.
Novas relacionadas