Publican no DOG as últimas modificacións do acordo do persoal interino

O texto incorpora os últimos cambios presentados pola Consellaría na Mesa Sectorial do 2 de xullo

A supresión de 42 aulas implica a eliminación de 62 postos de traballo en infantil e primaria

Os postos de traballo que se suprimen coa publicación dos cadros de persoal son un 7% máis que o curso anterior e inciden nunha perda paulatina de persoal do corpo de mestres

Un 19% das prazas nas oposicións docentes fican sen adxudicar

A cifra é tres puntos superior á convocatoria do 2018 e confirma unha tendencia á alza nos últimos anos, especialmente centrada nas especialidades de secundaria
enteira

Publicada a resolución defintiva do CADP de Primaria

Resolución publicada o 1 de agosto

CIG-Ensino urxe a negociación da adscrición dos estudos artísticos superiores á universidade

O anuncio da futura creación dunha titulación de Grao en Deseño e Creación nas UVigo bate coa existencia de catro EASD que imparten estudos superiores.
enteira

Publicada a resolución provisional do CADP de secundaria

Resolución publicada hoxe mércores 31 de xullo

A Xunta demora artificialmente a publicación do Fondo de Acción Social

A norma para este ano inclúe un incremento na única axuda en vigor e o prazo para tramitala nos centros educativos se estenderá, a petición da CIG, até o mes de setembro.

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por saúde e por conciliación de vida familiar e laboral

O prazo de reclamacións para ambos procedementos comeza o día 8 de xullo de 2019 e remata o día 12 de xullo de 2019, ambos inclusive.

Novo acordo sobre o control horario e rexistro da xornada no sector da atención á discapacidade

A CIG-Ensino asina este acordo de control horario e rexistro da xornada no sector da discapacidade partindo do asinado na concertada e con adaptacións aos centros de educación especial, centros de atención especializada e de emprego.

Publicada a Orde pola que se declaran aptas as persoas que superaron os procedementos selectivos para acceso a corpos docentes do ano pasado

Na Orde tamén se detallan as persoas que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas despois de superar os últimos procedementos selectivos.

Información de interese sobre o CADP

Publicadas as listas de persoal docente obrigado a participar e as resolucións de non participación para persoal interino

Quizais quixo dicir:

< Xullo 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
DOG 7 Xullo 2025
Ensino de persoas adultas

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2025/26.

Outros 4 Xullo 2025
FP dual intensiva e formación acelerada

Resolución provisional na web da Consellaría coas solicitudes de admisión á formación profesional dual intensiva e Formación acelerada para o curso 2025-2026.

DOG 3 Xullo 2025
Plurilingüismo en Artes plásticas e deseño

No DOG as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2025/26.

Outros 3 Xullo 2025
Instrucións para a Formación Profesional

A Consellaría publica na súa web as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2025/26.

Outros 3 Xullo 2025
Plans de formación permanente do profesorado

Convoca a Consellaría a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar nos centros educativos no curso 2025/26.

BOE 3 Xullo 2025
Cobro do incremento do 0.5%

Publica o Ministerio de Facenda as instrucións sobre o pago do incremento retributivo do 0.5% que tiñamos pendente desde xaneiro de 2024.

Outros 2 Xullo 2025
Programa Observa_Acción

Resolución definitiva de centros candidatos a participar no ano II do programa Observa_Acción.