Publicada a resolución provisional do CADP de secundaria
Resolución publicada hoxe mércores 31 de xullo
Nas seguintes ligazóns podedes ver a resolución provisional do CADP de Secundaria
Resolución provisional (secundaria)
Adxudicación provisional alfabética (secundaria)
Adxudicación provisional por orde de adxudicación (secundaria)
Recordade que tedes até o día tres de setembro para as renuncias -obtiverades praza ou non- e as reclamacións.
As reclamacións ou renuncias formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación ou a renuncia de xeito presencial, a persoa que a realice presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.
Como presentar renuncias ou reclamacións.
Segundo se indica na propia aplicación, o prazo para renunciar e presentar alegacións é dende o 01/08/2019 ata o 03/09/2019.
Para renunciar á adxudicación provisional de destinos deben seguirse os seguintes pasos:
1º Acceder á aplicación CADP e autenticarse : https://www.edu.xunta.es/cadp/
2º Ir ao menú Instancias e indicar a ou as instancias ás que renuncia.
3º Descargar o documento PDF da renuncia ou renuncias.
4º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede
5º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa renunciar, Acción > Renuncia
6º Encher os campos que se requiran e anexar o documento pdf da renuncia correspondente, seguir os pasos que se indican ata finalizar a presentación da renuncia.
Para facer unha alegación:
1º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede
2º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa alegar, Acción > Alegacións
3º Encher os campos solicitados e presentar a mesma na Sede electrónica
Na seguinte ligazón tedes toda a información sobre o CADP de Educación Secundaria.