Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por saúde e por conciliación de vida familiar e laboral
O prazo de reclamacións para ambos procedementos comeza o día 8 de xullo de 2019 e remata o día 12 de xullo de 2019, ambos inclusive.
No caso das comisións por saúde a Consellaría publicou tamén un Anexo coa relación de persoas que foron rexeitadas por non facer a petición a través de medios informáticos.
Comisións de servizos por saúde
Listaxe provisional persoas admitidas e excluídas (primaria)
Listaxe provisional persoas admitidas e excluídas (secundaria)
Anexo: Rexeitadas por non realizar a petición a través da aplicación informática
IMPORTANTE: As reclamacións á resolución provisional deben dirixirse á Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da correspondente provincia.
Comisións de servizos por conciliación de vida familiar e laboral
Listaxe provisional persoas admitidas e excluídas (primaria)
Listaxe provisional persoas admitidas e excluídas (secundaria)
IMPORTANTE: As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Santiago de Compostela por correo electrónico a:
Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es
Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es