
A CIG-Ensino recorrerá as instrucións internas da Dirección Xeral que prohiben que o profesorado interino ocupe cargos directivos
A normativa outorga preferencia ao profesorado definitivo do centro ao ser para ocupar cargos durante catro anos mais a Consellaría discrimina ao profesorado interino cando non existe profesorado definitivo que queira aceptar os nomeamentos

As catro OO.SS. da Mesa Sectorial reúnense mañá mércores coa conselleira de Educación para demandar a negociación da recuperación do horario lectivo
Despois do peche celebrado nas dependencias de San Caetano o pasado mércores, a conselleira accedeu finalmente a recibir os e as representantes sindicais esta semana

A CIG-Ensino insta á Consellaría a deixar o electoralismo a un lado e a negociar con rigor e seriedade a OPE de 2020
O sindicato amosa a súa preocupación polo anuncio da conselleira de que o vindeiro ano van convocar oposicións en 90 especialidades, o que suporía que incluso naquelas con menos de 10 interinidades habería proceso selectivo.

As OOSS da Mesa Sectorial de Educación reuniranse coa conselleira para abordar o tema do horario lectivo
A reunión conxunta de todas as organizacións será na vindeira semana

Representantes da CIG-Ensino e demais OOSS péchanse na Consellaría de Educación para esixir a negociación dos horarios lectivos
Despois de non obter resposta á carta conxunta na que se solicitaba unha reunión coa conselleira agardarán en San Caetano até ser recibidos

A CIG-Ensino defendeu no Consello Escolar do Estado a recuperación de dereitos do profesorado e un maior apoio ao ensino público
O pleno do CEE volveu evidenciar as profundas diferenzas existentes en temas como a privatización da educación, o marco competencial, o investimento público, a carreira profesional e a xerarquización do profesorado ou o sistema de acceso

A CIG-Ensino insiste na necesidade de convocar concurso nas EPAPU cando o profesorado con destino provisional é superior ao 50%
Ao redor dunha vintena de prazas vacantes poderían ofertarse neste ano nun concurso específico para os centros que escolarizan alumnado adulto.

Incidencias nos concursos do profesorado de primaria en prácticas
A Consellaría non incluíu de o código de PT de secundaria dentro das especialidades polas que poden participar e si lles permite concursar a Orientación, cando están excluídos

Currículos de FP para unha futura mesa sectorial
Currículos de 4 novos títulos de formación profesional

A Consellaría de Educación abre listas de interinidades para cátedras de conservatorios con cambios nos requisitos
A nova apertura de listas responde á incapacidade de cubrir as vacantes e baixas actuais e que foi denunciada pola CIG-Ensino

O anteproxecto de lei de orzamentos da Xunta mantén os recortes para o profesorado e o ensino público
O borrador que foi presentado aos sindicatos na Mesa Xeral das Administración Públicas non contén ningunha novidade e mantén a regresión de dereitos da última década

A CIG Ensino solicitoulle á Consellaría ampliar o prazo de solicitude da revisión de saúde
A solicitude vén motivada despois de que o último día de prazo cadrase en domingo e, como é preceptivo, debera estenderse ao seguinte día hábil
páxina 105 de 311
⚠️ A CIG-Ensino detectou e comunicou á administración que na resolución definitiva do CXT de mestres non eliminaron o persoal que lle fora adxudicada praza no Concurso de Orientación de Primaria.
‼️ Desde a administración comunicáronnos que van analizar as posíbeis solucións e que ao longo da mañá trasladarannos a decisión tomada.
Actualización: A subdirección de Centros e Recursos Humanos da Consellaría trasládanos que son un máximo de 8 casos os detectados, que están analizando a situación e ver que medidas arbitrar.
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |