
Apertura de listaxes de substitucións
Listaxes nos corpos de Mestras, PES, PTFP, EOIs e Artes Plásticas e Deseño
Prazo de presentación
10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación: do 2 ao 15 de xullo ambos incluídos.
Mestras
Prazas de Educación Física, Música, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Educación Primaria.
Resolución do 30 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de mestras (597). Ligazón
PES e PTFP
Prazas de Filosofía, Grego, Latín, Matemáticas, Francés, Orientación, Lingua galega e literatura, Administración de empresas, Asesoría e procesos de imaxe persoal, Informática, Organización e xestión comercial, Organización e procesos de mantemento de vehículos, Organización e proxectos de fabricación mecánica, Procesos de produción agraria, Procesos diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos, Procesos sanitarios, Procesos e produtos en madeira e moble, Cociña e pastelaría, Estética, Laboratorio, Mantemento de vehículos, Patronaxe e confección, Peiteado, Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico, Procedementos sanitarios e asistenciais, Procesos comerciais, Servizos de restauración, Sistemas e aplicacións informáticas, Soldadura e Técnicas e procedementos de imaxe e son
Resolución do 30 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591). Ligazón
Escolas Oficiais de Idiomas
Resolución do 30 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004), inglés (592011), italiano (592012) e xaponés (592013). Ligazón
Artes Plásticas e Deseño
Resolución do 30 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595), especialidade de volume (525). Ligazón
Modelo de alegación de méritos
Música e Artes Escénicas
Prazas de Acordeón, Arpa, Fagot, Frauta travesa, Fundamentos de composición, Guitarra, Piano, Violín e Linguaxe musical
Resolución do 30 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594). Ligazón