4017 resultados

Nova parada do Correlingua en Pontevedra e Moaña antes de coller folgos para rematar a semana en Compostela
O bo tempo acompañou dúas xornadas máis de festa e reivindicación polo dereito a vivir, medrar e aprender en galego.

Rapazada de Ferrol e Vigo botaron a lingua fóra nunha nova xornada festiva e reivindicativa do Correlingua
Preto de 30 centros participaron onte e hoxe nas actividades desta actividade organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, a AS-PG e a CIG-Ensino

Información da mesa sectorial do 23 de maio
Concurso de dirección dos CFR e asesorías nos CAFI e servizos centrais, licenzas por formación e reintegro individual por asistencia a actividades de formación así como novas optativas da ESO

Publicado o baremo definitivo do concurso de méritos e a adxudicación provisional de prazas
No baremo definitivo, ao igual que no baremo provisional, non se aplican os criterios de desempate que si están aplicados na resolución provisional das persoas que resultan adxudicatarias dunha praza

Milleiros de persoas reclaman poder vivir en galego “Aquí e agora”
A plataforma cidadá Queremos Galego denuncia a situación de emerxencia lingüística que vive o noso idioma e pon o foco en que “é reversíbel”

Información da reunión técnica sobre a fase final do concurso excepcional de méritos
Nesta semana vaise publicar a baremación definitiva e a adxudicación provisional de prazas por corpos, especialidades e quendas

A plataforma cidadá Queremos Galego sairá ás rúas mañá 17 de maio ás 12h, para reivindicar a vida en galego, aquí e agora
Nun momento de emerxencia lingüística coa perda de falantes e de falla de relexo xeracional e de práctica aniquilación da presenza do galego no ensino é preciso mobilizarse para garantir o futuro da nosa lingua

CIG-Ensino denuncia improvisación e carga burocrática innecesaria e impropia na solicitude de datos aos comedores escolares
O sindicato considera un despropósito o cambio de criterios en apenas tres días, a solicitude de datos e valoracións nutricionais a persoal que non ten encomendadas esas funcións e uns prazos que dificultan a xestión dos centros

Lugo e Ourense vibraron co Correlingua na semana previa á celebración das nosas Letras
Máis de 30 centros educativos participaron nas dúas capitais de provincia correndo e botando a lingua fóra nos concertos e actividades organizadas pola Mesa pola Normalización Lingüística, a AS-PG e a CIG-Ensino

A CIG-Ensino sinala que se están cubrindo substitucións mediante a modificación de horarios do persoal dos CIFPS
A Consellaría non pode permitir que as direccións dos centros eviten contratar persoal substituto mediante a distribución da carga lectiva entre os membros dun departamento

Publicada a adxudicación definitiva do CXT do corpo de Mestres
Nos vindeiros días publicaranse as instrucións para a toma de posesión

A CIG-Ensino gaña as eleccións e consolida a súa maioría no profesorado universitario galego
Os resultados das eleccións sindicais entre o persoal docente e investigador galego sitúan o sindicato nacionalista como referente nas tres universidades, con máis representantes e porcentaxe de voto que hai catro anos

Entregadas preto de 16.000 sinaturas en apoio da ILP para a restauración do texto fidedigno do himno galego
A campaña, na que participou a CIG-Ensino, conseguiu recabar 15.857 apoios, unha cifra moi superior ás 10.000 sinaturas necesarias para a súa tramitación parlamentaria.
páxina 37 de 309