
Información sobre postos docentes e asesorías no exterior
Na reunión que tivo lugar o 12 de marzo, o Ministerio trasladou as estatísticas de participación no concurso a prazas docentes e asesorías no exterior e a previsión de datas relacionadas con estes postos
Concurso de méritos para a provisión de postos de personal docente no exterior. Estatísticas
Concurso de méritos para a provisión de postos de asesores técnicos no exterior. Estatísticas
Das anteriores estatísticas chama a atención que, a pesar de aumentar o número de persoal presentado con respecto ao ano pasado, a superación da fase xeral baixou en máis de 6 puntos con respecto á media de anos anteriores que estaba no 89%.
Datas de interese previstas
Docentes
Publicación de listados definitivos: 15 de marzo
Publicación da distribución de aulas: 22 de marzo
Exame: 6 de abril na facultade de informática. Estará aberta a cafetaría da facultade
Publicación das respostas do exame: 8 de abril
Publicación de puntuacións e citacións para a seguinte parte: 15 de abril
Comezo das lecturas: a partir de finais de abril
Asesoras
Publicacións de listados definitivos: 15 de marzo
Exame asesores: domingo 7 de abril na facultade de medicina da Complutense
Na reunión co Ministerio a CIG-Ensino solicitou:
- Creación dun grupo de traballo de postos no exterior. Concedido. O Ministerio confirma a inminente creación do grupo de traballo.
- Que o Ministerio cumpra coas súas propias recomendacións sobre as 18 horas lectivas na secundaria e 23 na infantil en primaria.