Información Mesa Sectorial. Calendario, Direccións e Plan de Igualdade

Celebrouse o martes 12 de marzo

Calendario escolar

Borrador da Orde

Ligazón ao CIG-Informa coa información da negociación na mesa sectorial

Concurso de Dirección

Borrador do Concurso

Anexo do informe xustificativo da cualificación dada ao proxecto de dirección solicitado pola CIG-Ensino na mesa e que será incluído na Orde

Ligazón ao CIG-Informa sobre o Concurso de Dirección.

Plan de Igualdade

Logo dos atrasos inxustificados e das continuas demandas da CIG-Ensino, a  Consellería incorporou hoxe á Mesa un punto na orde do día para poñer en marcha a negociación dun Plan de Igualdade para o persoal docente. 

Na reunión chegouse ao acordo da composición da comisión negociadora, que respectará a paridade entre Consellaría e sindicatos e, entre estes, da súa representación. 

CIG-Ensino: 4

CCOO: 2

ANPE: 1

UGT: 1

Na votación pola parte sindical respectarase a proporcionalidade de representación da Mesa ( CIG-Ensino 8, CCOO 4, ANPE 2, UGT 1).

A primeira reunión da comisión negociadora será na primeira semana de abril.

Ver a información sobre o estudo previo da CIG-Ensino para comezar a negociar o Plan de Igualdade: https://www.cig-ensino.gal/nova/non-mais-8-de-marzo-sen-plan-de-igualdade-para-o-professorado.html

Non máis 8 de marzo sen Plan de Igualdade para o profesorado
Calquera empresa de máis de 50 persoas traballadoras ten que negociar e elaborar un plan de igualdade, a Consellería de Educación con máis de 30.000 persoas ao seu cargo e obrigada pola lei dende 2007, non o ten.
Rogos e preguntas

Entre outros: Publicación da resolución definitiva do CXT, Orientación e EPAPU, Atención Preferente, Piale 2024, atrasos sistemáticos no pago de trienios e sexenios, horarios do profesorado, funcións impropias do profesorado pola negativa a dotar de persoal coidador, recuperación das estadías formativas en empresas no estranxeiro e da modalidade lingüística para docentes de FP e Boletíns de Educación Infantil.

Ligazón ao CIG-Informa dos varios presentados pola CIG-Ensino.

Volver