4010 resultados

Tres meses despois do anuncio da Consellaría constitúese a comision negociadora do Plan de Igualdade para o profesorado
Despois dos atrasos inxustificados e das continuas demandas da CIG-Ensino vén de constituírse formalmente a comisión negociadora do Plan de Igualdade para o persoal docente.

A Consellaría de Educación evitou sumar 1080 prazas ás oposicións que comezan este sábado
Así se demostra nunha información remitida ao sindicato pola Consellaría, logo de presentar unha queixa á Valedora do Pobo por non proporcionar en tempo e forma a resposta exixida polo sindicato

As traballadoras da Escola Infantil Merlín irán tres días á folga a vindeira semana ante os reiterados atrasos e impagamentos por parte da empresa
A dirección da mesma alude problemas de financiamento cando nestes intres recibe os fondos directamente da administración e ademais cobra cotas complementarias ás familias

Publicada no DOG a resolución coas datas do CADP
O DOG do xoves 20 de xuño publica as datas relacionadas co CADP
A CIG-Ensino amosa a súa decepción coa política continuísta trasladada polo conselleiro na reunión de comezo da lexislatura
O sindicato presentoulle a Román Rodríguez un documento detallado con todas as demandas avaladas polo profesorado e afeoulle a falta de respecto á maioría sindical en todos os procesos de negociación.
Valoración da CIG-Ensino das últimas novidades xudiciais para o persoal interino
A nova sentenza do TXUE, que incide nas críticas que a CIG-Ensino leva feito dos chamados procesos de estabilización, non implica ningún cambio efectivo ao respecto das anteriores.

A entrada en vigor da Lei 1/2024 de ensinanzas artísticas non garante medidas con carácter inmediato e a CIG-Ensino urxe a avanzar no seu desenvolvemento
O sindicato maioritario chama a Ministerio e Consellaría a poñerse a traballar xa

Información da sexta reunión no SIMA do XIII convenio de Infantil 0-3
A mediación rematou sen acordo ante un novo bloqueo patronal, nunha actitude irresponsábel e soberbia e tras unhas propostas á baixa dos sindicatos estatais
Universo LGBTIQ+ nas Artes Escénicas Galegas Actuais
Material didáctico para traballar a diversidade LGBTIQ+ nas aulas

Mesa Docente estatal de trámite á espera de reformas necesarias para mellorar a profesión docente
A CIG-Ensino apremou ao Ministerio a desenvolver canto antes a negociar melloras para todo o profesorado e a desenvolver a nova Lei de Ensinanzas Artísticas
A CIG-Ensino denuncia a irrelevancia do Consello Galego de Convivencia para a Consellaría de Educación
Logo de case dous anos sen reunirse, a reunión deste órgano foi tratado pola Consellaría, como é habitual, como un mero trámite

A CIG-Ensino considera inxustificábel que aínda non se reunise a comisión negociadora do Plan de Igualdade do profesorado
Tres meses despois do anuncio da Consellería a comisión negociadora nin tan sequera se constituíu

Quinta reunión no SIMA do XIII convenio de Infantil 0-3
A CIG-Ensino non foi chamada á xuntanza da parte social, para facer unha contraproposta á patronal tal e como se acordara no 4º SIMA, por decisión “interesada e unánime” dos catro sindicatos estatais
páxina 17 de 309