4017 resultados

A CIG Ensino chama o profesorado galego a participar na manifestación de mañá, 17 de maio
Reivindicamos o dereito a vivirmos en galego día a día

Información da mesa sectorial
Tratouse o concurso de adxudicación de destinos provisionais e o calendario escolar

A Consellaría de Educación vén de convocar unha Mesa Sectorial para o mércores 16 de maio para negociar a homologación retributiva do profesorado galego
A CIG-Ensino felicítase da apertura dunha negociación retributiva que desde hai anos vimos demandando.
O Correlingua chega á meta mañá mércores 16 de maio en Vigo
Esta semana a marcha polo futuro da lingua que organizan A Mesa, a CIG-Ensino e a AS-PG fixo paradas en Monforte e Ferrol

A CIG-Ensino reclama que se computen os días de goce dos permisos retribuídos en días hábiles
O sindicato vén de remitirlle un escrito ao director xeral de Función Pública para solicitarlle que se adapte o tempo de desfrute dos permisos retribuídos a unha recente sentenza do Tribunal Supremo.

A CIG-Ensino lamenta que o alcalde de Santiago frivolice sobre a situación do persoal da EMM en lugar de darlle unha solución inmediata ao seu futuro laboral
Para este sindicato non é admisíbel que un goberno municipal queira dar leccións cando ten un servizo privatizado que non ten intención de remunicipalizar.
A semana rematou coa celebración do Correlingua en Tomiño, Mondoñedo e Ourense
O xoves arredor de 2.000 rapaces e rapazas das comarcas do Baixo Miño e da Mariña participaban simultaneamente nas actividades do Correlingua e o venres a festa final trasladábase a Ourense
Preto de 2.600 estudantes participaron nas actividades do Correlingua en Pontevedra e Lugo
As rúas de Pontevedra acolleron onte a carreira pola normalización do galego e hoxe tocoulle a quenda á cidade da muralla coa implicación en total de 42 centros educativos.

Representantes da CIG-Ensino e persoal da Escola Municipal de Música péchanse no concello de Santiago
Á espera dunha solución á súa situación laboral
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama ao boicot contra as reválidas de primaria e ESO
Animan a dar continuidade ao éxito do boicot de cursos anteriores e a non baixar a garda na loita contra a LOMCE e o control político neoliberal da educación
Arredor de 1.500 estudantes marcharon por Compostela baixo o lema “A lingua non para”
A 18ª edición do Correlingua, que durante a primeira quincena de maio está percorrendo varias localidades galegas, tivo hoxe a súa parada en Compostela.
Arredor de 6.300 estudantes participaron nas actividades do Correlingua da Coruña, O Morrazo e A Estrada
Arrancou a 18ª edición do Correlingua, a carreira pola normalización do galego que organiza cada ano a CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e A Mesa pola Normalización Lingüística, e fíxoo cun grande éxito de participación.

A Consellaría modifica a relación de titulacións para incorporarse a listaxes de substitucións en varias especialidades
A ampliación, que non modifica os prazos, atende varias reclamacións presentadas pola CIG-Ensino, mais desbota outras que desde o sindicato seguimos a reclamar.
páxina 126 de 309