Lingua

A Consellaría volve vulnerar os dereitos lingüísticos do profesorado na avaliación de riscos laborais

Nestes días estanos chegando información de diversos centros educativos nos que se está a entregar ao profesorado a avaliación de riscos laborais dos postos de traballo unicamente en castelán.

A Xunta patrocina unha campaña dirixida a alumnado de secundaria e bacharelato sobre o uso responsábel dos móbiles só en castelán

A través duns paneis nos que se chama a atención sobre o uso abusivo de pantallas e móbiles, o inglés e o castelán danse a man nunha serie de xogos de palabras dos que se exclúe o galego.

A CIG-Ensino distribúe entre o profesorado a campaña “Eu Ensino en Galego” para reverter nas aulas os efectos de 15 anos de “De(s)creto para a nosa lingua”

O sindicato apela directamente ao colectivo docente para que se converta en axente activo de normalización entre alumnado e familias á vez que defende a galeguización do ensino como elemento chave para recuperar falantes e o prestixio da nosa lingua

Material campaña DE(S)CRETO

Todo o material para as vosas redes da campaña DE(S)CRETO

Guía para elaborar o proxecto lingüístico de centro

Coa publicación desta Guía de Sofía Rama Lorenzo, perseguimos o obxectivo de poñer a disposición do profesorado un recurso que lle permita deseñar un instrumento para a normalización da lingua propia de Galiza desde o seu centro de ensino

A Consellaría de Educación recibe o novo funcionariado incumprindo a legalidade en materia lingüística e deturpando a toponimia

As novas mestra e mestres que superaron o último proceso selectivo recibiron un correo con instrucións redactadas unicamente en castelán con mención á “provincia de La Coruña”

Lingua Vital Xa!

O proceso Lingua Vital bota a andar en Compostela, despois da multitudinaria manifestación do 17M

Máis de milleiro e medio de estudantes reivindican na Estrada o galego como lingua viva

Nunha das edicións máis multitudinarias dos últimos anos, alumnado procedente de 12 centros da Estrada, Cuntis, Lalín e Forcarei volveron percorrer as rúas da Estrada en defensa do uso do galego.

Milleiros de persoas fan historia de novo enchendo as rúas de Compostela e participando nunha gran foliada pola lingua

A reivindicación da derrogación do Decreto de Plurilingüismo no ensino estivo moi presente nunha xornada na que se homenaxeou as cantareiras e o seu legado na música popular galega

Queremos Galego chama a facer historia, este 17 de maio, participando masivamente na manifestación convocada en Compostela

A mobilización, seguida dunha foliada, exixirá o cumprimento dos acordos lingüísticos e o fin das políticas antigalegas

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
12/10/2026
Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Que non te líen, ti elixes!'

Publica a web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na 1º convocatoria do curso 2026/27 no programa educativo 'Que non te líen, ti elixes'.

Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Publicada a onvocatoria do programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Club de ciencia

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Programa Navega con rumbo

Publicada a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na XV edición do programa educativo Navega con Rumbo no curso 2026-2027.

Outros 6 Outubro 2026
Exposición sobre Neira Vilas

A Consellaría convoca un concurso de exposicións sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2027, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

Outros 5 Outubro 2026
Docencia no grao superior de mobilidade

Anuncia a Consellaría a convocatoria dunha bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27.