Lingua

Arranca o Correlingua 2026 baixo o lema “Co galego no corazón facemos a revolución”

Hoxe ten lugar en Compostela a primeira das 12 carreiras e festas que ateigarán de reivindicación e de celebración da nosa lingua a partes iguais vilas e cidades galegas e que teñen o estudantado como protagonista.

Eu ensino en galego

A CIG-Ensino distribúe a segunda entrega da Campaña “Eu ensino en galego”: Guía para a normalización lingüística desde os Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDLG)”

O CORRELINGUA chega á súa 26º edición con máis forza ca nunca.

A festa da lingua percorrerá 12 cidades galegas con música en directo, xogos, carreiras e outras actividades coa finalidade de seguir combinando reivindicación e lecer e de aglutinar a miles de estudantes arredor da normalización do galego.

A asemblea do proceso Lingua Vital ratifica o protocolo para reverter a emerxencia lingüística

A asemblea amosou o seu apoio unánime á proposta, que entra agora na fase de aplicación por parte das entidades sociais e institucións adheridas.

Gran acto pola lingua este sábado, 14 de marzo, ás 12 horas na Quintana

A asemblea de Lingua Vital ratifica este sábado 14 de marzo na Quintana a resposta unitaria á emerxencia lingüística

A CIG-Ensino anima a participar no acto nacional deste sábado contra a emerxencia lingüística

Convocado por Queremos Galego para presentar o protocolo ‘Lingua Vital’, comezará ás 12h na Praza da Quintana

A CIG-Ensino presenta a campaña Respéctame! para exixir á administración que deixe de menosprezar ás docentes, que representan máis do 70% do profesorado

O sindicato artella esta campaña na véspera do 8 de marzo para denunciar que a Consellaría incumpra reiteradamente a normativa ao non contar con Plan de Igualdade e Protocolo de Acoso que debían estar en vigor desde 2025.

A Secretaría das Mulleres da CIG súmase á conmemoración do Día de Rosalía de Castro

A central destaca a súa figura como referente feminista da nación galega e anima a ler, compartir e reivindicar a súa obra

A CIG-Ensino participa na elaboración do Protocolo Lingua Vital para actuar contra a emerxencia lingüística

Os grupos de traballo do proceso social Lingua Vital concretaron en Santiago o contido do protocolo que será presentado o 14 de marzo na Praza da Quintana de Santiago

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
22/10/2026
Outros 16 Outubro 2026
Premio Tolerancia cero contra o acoso 2026

Convoca a Consellaría o premio Tolerancia cero contra o acoso 2026.

Outros 16 Outubro 2026
Programa 'Menores conectados'

Resolución definitiva coas solicitudes seleccionadas para participar no programa educativo 'Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade' durante o curso 2026/27.

Outros 16 Outubro 2026
Programa 'Menores conectados'

A Consellaría publica a resolución definitiva do programa 'Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade' durante o curso 2026/27.

Outros 16 Outubro 2026
Interinidades nun ciclo formativo

Resolución na web da Consellaría coa relación provisional coas persoas admitidas e excluídas da bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27.

Outros 15 Outubro 2026
Programa 'Pasando a bóla, xogando para cambiar'

Relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos no programa educativo para a prevención do acoso escolar e o ciberacoso “Pasando a bóla, xogando para cambiar” no curso 2026/27.

Outros 13 Outubro 2026
Programa Talentos inclusivos

Resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na VII edición do programa educativo Talentos Inclusivos durante o curso 2026/27.