Ensino público

Novo período de cambio de entidade e axudas de Muface

Información sobre o cambio de entidade prestataria dos servizos sanitarios e sobre a concesión de axudas de protección sociosanitarias

O caos provocado nos centros docentes tras a crise enerxética é responsabilidade da mala xestión da administración

O sindicato considera que as informacións contraditorias deixan de novo ás direccións e ao profesorado en xeral no abandono habitual nos casos de emerxencias que afectan aos centros

Publicada no DOG a convocatoria para o Fondo Acción de Social (FAS)

Un ano máis a Xunta mantén os recortes no FAS limitando as axudas unicamente para a atención a persoas con discapacidade

A CIG concéntrase pola mellora dos salarios e dereitos nos servizos públicos

Na concentración o sindicato maioritario en Galiza demandou do goberno estatal unha mellora salarial que recupere as perdas dos últimos anos

CIG-Ensino coas familias que queren escolarizar as súas crianzas no CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol

Piden que se cree unha aula máis de 4º de Educación Infantil para que as súas fillas e fillos poidan ir ao centro público no que solicitaron praza.
PERIGO: Zona Escolar Tensionada

“Zona escolar tensionada” ou como deixar novamente en papel mollado as ratios do “acordo da vergoña”

A Consellaría fai uso da patente de corso que lle brinda o acordo de Rueda coa minoría sindical e dá instrucións para superar as ratios de 20 en infantil e primaria

A Consellaría insiste na privatización das probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras

A CIG-Ensino demanda priorizar as EOI e evitar a discriminación do alumnado

O Ministerio non reducirá os prazos para a implantación da Lei de Ensinanzas Artísticas

A medida, criticada pola CIG-Ensino, veu acompañada pola rectificación ministerial na composición do Consello Superior de Ensinanzas Artística, na liña da demanda da CIG-Ensino

A CIG demanda do Goberno estatal unha mellora salarial que recupere as perdas do pacto con CCOO e UGT e a negociación da xubilación anticipada

Tan só nos últimos tres anos a diferenza entre o sobrecusto da vida e a suba do salario dos e das empregadas públicas foi dun 2,30%

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
03/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.