Ensino público

CIG-Ensino insta a Feijóo a abandonar posicións ultras e a desconfinar o galego

As palabras de onte son “indignas” dun presidente dunha comunidade con lingua propia e condición de nacionalidade histórica.

CIG-Ensino presenta recurso contra a actualización do protocolo educativo e o plan de ensino virtual

O sindicato recorre á vía xudicial ante a negativa da Consellaría a negociar as normas que afectan ás condicións de traballo e de protección da saúde do profesorado.

A CIG-Ensino denuncia a obriga de acudir aos centros a conviventes de casos sospeitosos que se contradí coas recomendacións de Sanidade

O sindicato cualifica de temeridade esta decisión e pide que se rectifique de inmediato a última versión do protocolo.

Representantes da Área Pública da CIG trasladan a Rego a demanda de supresión da taxa de reposición

Abordaron co deputado do BNG cuestións dos Orzamentos do Estado que atinxen o emprego público

Información da mesa sectorial: concursos de adultos e orientación de primaria

Toda a información do desenvolvemento da mesa

Por que o plan de ensino virtual non é un plan?

A CIG-Ensino critica o Plan da Consellaría de Educación por sobrecargar de traballo e burocracia a direccións e profesorado e pon enriba da mesa todas as problemáticas ás que non dá solución.

A CIG-Ensino considera que o Plan de ensino virtual é un exemplo máis do absentismo da Consellaría na xestión da crise educativa desde o inicio da pandemia

Após tres meses e medio desde a última reunión para abordar a situación do ensino no marco da COVID-19, o conselleiro de Educación reuniuse por fin cos sindicatos sen achegar datos nin solucións aos problemas que se viven nos centros educativos.

A CIG-Ensino e a AS-PG poñen en aberto o material das XXIX Xornadas de lingua e literatura. Ricardo Carvalho Calero.

Con vocación de permanencia ponse a disposición da sociedade en xeral unha serie de conferencias sobre a súa vida e obra, un conxunto de propostas didácticas, a derradeira entrevista que concedeu e poemas musicados.

A Consellaría volve acertar cando rectifica: xa publica na súa web os datos diarios de contaxios nos centros

A CIG-Ensino deixará de publicar na súa web o documento cos datos de contaxios e aulas pechadas logo de comprobar que a Consellaría finalmente xa o fai no seu portal web

Nin eliminación da taxa de reposición, nin incremento salarial para frear a perda de poder adquisitivo

Novo capítulo do confinamento da negociación colectiva por parte do goberno español, desprezando aos sindicatos da Mesa Xeral das Administracións Públicas e impondo medidas sen previa negociación nin debate.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
04/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.