Ensino privado
346 resultados
A CIG-Ensino non asina o XII Convenio Colectivo estatal de Educación Infantil
Unha vez máis as patronais do sector de Infantil 0-3 e os sindicatos estatais “cómplices e submisos” desoen as demandas das traballadoras virándolles as costas e asinando un convenio en precario, impositivo, fraudulento e carente de negociación real.
A CIG-Ensino entrega 558 sinaturas das traballadoras das escolas infantís de 0 a 3 anos que se concentraron demandando un convenio digno e xusto
Delegadas/os da CIG-Ensino concentráronse diante da Confederación de Empresarios de Galiza para denunciar a sinatura do XII Convenio Estatal de Infantil, por afondar na precariedade laboral, e reivindicar un convenio galego como única vía de mellora.
Patronal e sindicatos "amigos" confirman definitivamente a sinatura do XII Convenio de Educación Infantil
As patronais do sector de Infantil e os sindicatos UGT, FSIE e USO desoen o clamor das traballadoras/es infantil 0-3 e convocan oficialmente a mesa final para asinar o convenio o día 22
A CIG-Ensino comeza unha campaña de recollida de sinaturas nos centros de educación infantil para paralizar a sinatura do convenio estatal do sector de 0 a 3 anos
A intención desta campaña é paralizar a sinatura do convenio prevista para o vindeiro 22 de maio entre a patronal e tres organizacións sindicais estatais
Traballadoras/es das escolas infantís de 0-3 anos saíron á rúa coa CIG demandando un convenio galego digno e xusto
A CIG-Ensino mobiliza neste 1º de maio o sector de infantil de 0-3 anos na Galiza, denunciando a sinatura do XII Convenio Estatal de Infantil por seguir afondando na precariedade laboral e salarial e por ser rexeitado maioritariamente polas traballadoras.
Unha vez máis as OO.SS estatais venden os/as traballadores/as plegándose á proposta da patronal e asinarán un mal convenio o 22 de maio.
Información da mesa 15ª do convenio colectivo estatal de infantil (25/04/19).
O Goberno municipal de Miño vota en contra da moción de apoio ás traballadoras da Escola Infantil
O persoal realizou unha nova protesta antes do inicio do pleno no que se debateu a iniciativa
O Concello de Miño continúa sen intervir no conflito da escola infantil malia agravarse o acoso da empresa ás traballadoras
A CIG convoca unha nova concentración o martes 16 de abril, coincidindo coa votación dunha moción no Pleno Municipal sobre a situación na "A Ceboliña"
As patronais fan novas propostas "finalistas" e só para os dous tipos de táboas salariais do convenio, que para a CIG-Ensino son insuficientes e discriminatorias.
Información da mesa 14ª do convenio colectivo estatal de infantil (03/04/19)
As patronais, desafiantes e a modo de ultimato, fan unha proposta mesturando á baixa a súa anterior e as dúas dos demais sindicatos
Información da mesa 13ª (12/03/19) do convenio colectivo estatal de infantil
páxina 22 de 35

