Novo bandazo nas negociacións do XVI Convenio Estatal de centros de Atención a Persoas con Discapacidade

Sinatura dun Acordo Parcial que a CIG-Ensino rexeitou

A patronal recúa acatando a sentenza da Audiencia Nacional e asina as táboas salarias do XVI convenio, segundo artigo 32.1 do XV, aplicando a cláusula de absorción de complementos para o SMI, e pechando a adaptación do convenio á reforma laboral segundo os seus intereses, nunhas novas concesións de CCOO e UGT, sen nada a cambio, e sen garantías das melloras sociais do “preacordo roto

Como xa vén sendo o habitual, as “negociacións” deste XVI convenio estatal son estériles e mesmo negativas para a clase traballadora, pois ou van ao ritmo que marcan as patronais ou non van.  Despois de 20 mesas de negociación en máis dun ano (comezaron en marzo de 2021), e logo dos bandazos dados tanto pola patronal coma polos sindicatos maioritarios, asínase un “Acordo parcial” do XVI convenio estatal de centros de atención a persoas con discapacidade, que recolle o que di o XV convenio no artigo 32.1 ratificado na súa contextualidade pola Audiencia Nacional (AN) en sentenza, as táboas salariais para 2022 dos centros educativos, e a adaptación á reforma laboral do XVI convenio segundo os intereses da patronal, o que foi unha exixencia súa para retirar o recurso contra a sentenza da AN. Estando a patronal obrigada a cumprir a sentenza aínda sae con exixencias para asinar as táboas, que os sindicatos estatais conceden sen nada a cambio, nin garantías de acadar as míseras melloras laborais e sociais recollidas no “Preacordo da 13ª mesa”, que logo rompera CCOO. Dende a CIG-Ensino moito nos tememos que, unha vez máis, gaña a patronal.

Acordo  Parcial PATRONAIS - CCOO E UGT,  un novo entreguismo sindical:

Táboas salariais centros atención especializada e especiais de emprego:

Anos 2022, 2023 e 2024 ( aplicación literal art. 32.1)

Grupo profesional

Salario de entrada (Salario base) SB

Suba 3,75%

CD N1 (9,2%)

SB+N1

CD N2 (7,2%)

Salario de referencia de grupo (SB+N1+N2)

Nocturnidade (complemento hora nocturna)

 

Grupo II.

Titulado nivel 3.

1.815,63

167,04

1.982,67

130,73

2.113,4

3,69

 

Persoal Titulado.

Titulado nivel 2.

1.379,88

126,95

1.506,83

99,35

1.606,18

2,81

 

Grupo III

Técnico Superior nivel 1.

1.270,94

116,93

1.387,87

91,51

1.479,38

2,59

 

Persoal Técnico.

Técnico.

1.027,13

94,50

1.121,63

73,95

1.195,58

2,09

 

 

Técnico Auxiliar

964,88

88,77

1.053,65

69,47

1.123,12

1,96

 

Grupo IV.

Operario

830,00

76,36

906,36

59,76

966,12

1,69

 

                   

“Os atrasos dende o 1/01/2022 deberán ser aboados antes do 30/06/2023”

A CIG-Ensino xa se opuxo a este art.32.1. Dende a súa sinatura no XV convenio en 2019, sempre esiximos Cláusula de revisión salarial anual á alza, pois non tela suporía a consolidación de perda de poder adquisitivo,ao mesmo tempo que perder a antigüidade (trienios a un 3,7% do SB) e aumentar a brecha salarial entre salarios máis baixos e máis altos. Cualificamos o XV convenio de “pan para hoxe e fame para mañá”. Deste xeito a historia repítese co XVI, e os feitos están aí e non erramos: perdeuse poder adquisitivo (2020 e 2021 conxelados os salarios, cuns IPC do 6,8%) e máis se vai perder nos  anos 2022, 2023 e 2024.

Subas reais totais en cada situación por antigüidade:

Só co Salario Base (SB)

Co  SB + N1

Co  SB+N1+N2

3,75%

5,39%

6,87%

Con estas subas reais, segundo antigüidade, a perda de poder adquisitivo é distinta, pero coa inflación disparadaque temos na actualidade van ser moito maior, dado que a suba salarial é só no 2022, e no 2023 e 2024 hai conxelacións salariais. Ben, o IPC no 2022 é 0 5,7%, 6,4% o galego ( pensións 8;5% IPC medio), no 2023 as previsións son sobre o 5% e no 2024 sobre o 2%, en total un 12,7% de inflación, polo que os salarios perderán un mínimo do 50% do IPC, e xa sen contar co IPC de 2020 e 2021, senón será ate do 100% para os máis antigos (Co SB+N1+N2) e que máis suba vai ter. Os que cumpren N1 ou N2, terán menos perda de IPC , pero rematados os 2 “N” logo só terán suba SB, perdendo a antigüidade histórica (por trienio era o 3,7% sen límites). Se non tiveramos estas inflacións altas os N1 e N2 apenas subirían en % ( segundo art.32.1 aplícase o 50% do IPC dos 3 anos, repartindo a metade para cada “N”). 

U-las mobilizacións do sindicato maioritario esixindo “Cláusula de revisión salarial” para non perder poder adquisitivo despois de romper o preacordo que acadaran?

A CIG-Ensino considera un insulto e un desprezo ao persoal traballador conceder un prazo á patronal para aboar os atrasos ate xuño de 2023, cando xa se tiña que ter pagado en marzo de 2022, tal e como recollía o art.32.1 que as mesmas organizacións asinantes acordaron.

Ademais vólvese a non ter en conta aos Técnicos de cara a aplicación de futuros SMI, ao non crear un diferencial salarial con respecto ao mesmo ou aos T. Auxiliares, podéndose ver absorbidos complementos e equiparados salarialmente cunha categoría inferior, tal e como pasa agora entre Auxiliares e Operarios sen N1 ou N2, que cobran o mesmo (1000€).

Por último, o non aplicar a suba ao Complemento por hora nocturna nas táboas deste apartado 1 supón un incumprimento do convenio, que dende a CIG-Ensino recorreremos ao igual que fixemos co impago da nocturnidade ou calquera outro plus salarial en vacacións ou calquera ausencia por causa legal.

EXEMPLO COIDADOR/A  2019-2020-2021

Salario Base-SB

N1

SB + N1

N2

SB+N1+N2

990 €

7,5%= 74,25€

1.064,25 €

5,5%= 54,45€

1.118,70 €

   2022

3,75%=37,12€   SB=1.027,13

7,5%+1,7%= 9,2%         94,50

1.121,63

5,5%+1,7%=7,2% 73,95

1.195,58

2023 (Conxelación)

1.027,13

Idem ao cumplilo

1.121,63

Idem ao cumplilo

1.195,58

2024 (Conxelación)

1.027,13

Idem ao cumplilo

1.121,63

Idem ao cumplilo

1.195,58

% Suba real total

3,75%

 

5,39%

 

6,87%

Táboas salariais 2022 para centros Educativos:

Centros concertados ( suba do 2%, pendente +1,5%):

Táboas salariais do persoal docente en pago delegado 2022

Categoría

Salario

Trienio

 

Nocturnidade   -  compl. hora nocturna

Profesor/a de secundaria.

1.956,26

50,24

5,48

Profesor/a de primaria e EBO.

1.665,86

39,85

4,66

Profesor/a de educación infantil.

1.665,86

39,85

4,66

Profesor/a de audición e linguaxe.

1.665,86

39,85

4,66

Profesor/a de apoio.

1.665,86

39,85

4,66

Profesor/a de taller.

1.665,86

39,85

4,66

Complementos por cargo directivo-pedagóxico en centros educativos con concerto

        Importe complemento mes

Trienio

Director/a Pedagóxico/a.

367,25

13,71

Subdirector/a Pedagóxico/a.

264,28

12,18

Xefe/a de estudios.

237,79

11,42

Xefe/a Departamento.

211,48

10,16

Encargado/a de residencia.

140,25

 

Secretario/a.

161,98

 

Táboas salariais 2022 persoal complementario e persoal de administración e servizos:

Categoría

III Persoal Complementario

Salario base

Antigüidade (valor do trienio)

Nocturnidade (complemento hora nocturna)

1.Psicólogo/a

1.946,90

70,51

4,41

2. Pedagogo/a

1.946,90

70,51

4,41

3.Psicopedagogo/a

1.946,90

70,51

4,41

4. Outros titulados  grado superior ou  postgrado

1.946,90

70,51

4,41

5.- Logopeda

1.781,89

64,54

4,04

6.- Fisioterapeuta

1.781,89

64,54

4,04

7.- Trabllador/a social

1.781,89

64,54

4,04

8.- Outros titulados grado Medio ou grado

1.781,89

64,54

4,04

IV Persoal Complementario Auxiliar

 

 

 

1. Auxiliar técnico educativo – Educador de educación especial

1.039,27

38,47

2,35

2.- Coidador/a

1.039,27

37,41

2,35

3.-Intérprete en lingua de signos

1.285,97

47,13

2,91

4.-Técnico Superior en Integración Social

1.285,97

47,13

2,91

V.1 Persoal de Administración

 

 

 

1.- Xefe/a de administración

1.477,96

55,27

3,01

2.- Xefe/a de 1ª de administración

1.385,42

51,09

2,82

3.- Técnico/a de xestión administrativa

1.322,13

48,35

2,69

4.- Oficial/a de 1ª de administración

992,58

37,66

2,02

5.- Oficial/a de 2ª de administración

949,43

34,81

1,93

6.- Auxiliar  xestión administrativa

925

 32,48

1,88

V.2 Persoal de Servizos Xerais

 

 

 

7.- Oficial/a de 1ª de oficios

999,6

39,69

2,03

8.- Oficial/a de 2ª de oficios

941,21

36,52

1,92

9.- Xefe/a  cociña

1096,03

44,22

2,23

10.- Cociñero/a

941,21

36,52

1,92

11.- Ayudante de cociña

925

31,74

1,88

12.- Condutor/a

941,21

36,52

1,92

13.- Auxiliar de servizos xerais

925

34,93

1,88

14.- Persoal de Servizos domésticos

925

30,97

1,88

Centros sen concerto ( suba do 3,5%):

Táboas salariais do persoal en centros educativos sen concerto 2022:

 

Táboas salariais 2022

 

 

Salario base

Antigüidade (valor do trienio)

Nocturnidade (complemento/ hora nocturna)

 

II. Persoal docente

 

 

 

 

1. Profesor/a de secundaria.

1.874,76

70,00

5,50

 

2. Profesor/a de primaria e EBO.

1.531,76

47,79

4,29

 

3. Profesor/a de educación infantil.

1.531,76

47,79

4,29

 

4. Profesor/a de audición e linguaxe.

1.384,76

50,41

3,88

 

5. Profesor/a de apoio.

1.384,76

50,41

3,88

 

6. Profesor/a de taller.

1.299,55

43,26

3,64

 

III. Persoal complementario titulado

 

 

 

 

1. Psicólogo/a.

1.874,76

70,00

4,25

 

2. Pedagogo/a.

1.874,76

     70,00

 

4,25

 

3. Psicopedagogo/a.

1.874,76

    70,00

 

4,25

 

4. Outros titulados de grao superior ou postgrao

1.874,76

70,00

4,25

 

5. Logopeda.

 

1.384,76

50,41

3,14

 

6. Fisioterapeuta.

 

1.384,76

50,41

3,14

 

7. Traballador/a social.

 

1.384,76

50,41

3,14

 

8. Outros titulados de grao m

edio ou grao.

1.384,76

50,41

3,14

 

IV. Persoal complementario auxiliar

 

 

 

 

1. Auxiliar técnico educativo-Educador/a de educ. espec.

1.075,85

39,94

2,44

 

2. Coidador/a.

1054,55

37,04

2,39

 

3.- interprete en Lingua de signos

1.305,39

47,82

2,95

 

4.- técnico superior de integración social

1.305,39

47,82

2,95

 

V. Persoal de Administración e Servizos Xerais

 

 

 

 

V.1 Persoal de Administración.

 

 

 

 

1. Xefe/a de administración.

1.498,74

56,02

3,05

 

2. Xefe/a de 1.ª de Administración.

1.406,07

51,81

2,86

 

3. Técnico/a de xestión administrativa.

1.347,48

49,00

2,74

 

4. Oficial/a de 1.ª de Administración.

1054,55

37,04

2,15

 

5. Oficial/a de 2.ª de administración.

1054,55

37,04

2,15

 

6 Auxiliar de xestión administrativa.

992,10

36,11

2,02

 

V.2 Personal de Servizos Xerais.

 

 

 

 

7. Oficial/a de 1.ª de oficios

1054,55

37,04

2,15

 

8. Oficial/a de 2.ª de oficios

1054,55

37,04

2,15

 

9. Xefe/a de cociña

1.305,39

42,61

2,66

 

10. Cociñero/a

1054,55

37,04

2,15

 

11. Axudante de cociña

992,10

36,11

2,02

12. Condutor/a

1054,55

37,04

2,15

13. Auxiliar de servizos xerais

992,10

36,11

2,02

14. Persoal de servizos domésticos

992,10

36,11

2,02

               

Complementos por cargo directivo-pedagógico en centros educativos sen concerto

 

Soldo mes

Trienio

Director/a Pedagóxico/a

393,85

14,72

Subdirector/a Pedagóxico/a

283,39

13,06

Xefe/a de estudios

254,99

12,25

Secretario/a

159,62

-------

Encargado/a de residencia

138,34

-------

A CIG-Ensino amosou o seu rexeitamento a esta mísera suba salarial que ademais de incrementar a perda de poder adquisitiva deste persoal traballador, crea unha discriminación salarial entre categorías iguais nun mesmo convenio, cobrando distinto polo mesmo traballo dependendo do centro no que se estea contratado/a. Ademais os salarios máis baixos non se adaptan ao SMI, e o que é peor, as categorías máis baixas terán 925€ (no “preacordo roto” eran 950€), sendo no convenio da concertada 978€, nunha discriminación máis ( como na xornada) cando reciben os mesmos módulos de concertos.

Tampouco compartimos o non aplicar xa o 1,5% nos centros concertados, por analoxía do nefasto acordo para os empregados públicos ( vendidos por CCOO e UGT), polo temor da patronal a que todas as administracións non o paguen ao non ser publicado como norma básica e ser obrigatorio para as C.C.A.A ( erro do Ministerio), nin nos parece xusto o prazo de 2 meses dende a publicación no BOE, para aboar os atrasos. É incomprensible que cando só se asina o que recolle o Goberno nos presupostos, sen negociación algunha, as OO.SS maioritarias permitan estas demoras e máis coa inflación disparada actual.

3 - Modificación da Disposición transitoria séptima: aplicación do SMI:

Recollendo o mesmo que dicía no XV convenio “ que se establece un complemento persoal e absorvible para os casos que se cobre menos que o SMI, ate completar os 1000€ actuais.

Recordamos a demanda social presentada por CCOO e UGT de que o persoal traballador ten dereito a percibir o SMI en cada momento vixente, ademais de percibir as cantidades que poidan corresponderlles polos complementos previstos nos artigos 9.2 e 3, 30.2 e 3, 33, e 34, todos eles declarados polo propio convenio como non absorbibles nin compensables, que foi desestimada, agás o complemento de nocturnidade, polo xuíz da AN debido á dita disposición transitoria 7ª asinada no XV convenio. Como pode ser que non compartíndoa as OO.SS, se volva asinar no XVI convenio?

4 - Adaptación da reforma laboral ao XVI convenio nos termos esixidos pola patronal:

No artigo 21- Contrato fixo-discontinuo, este tipo de contrato poderá concertarse tanto a tempo completo, coma a tempo parcial.

Novo artigo 16 bis- Contrato de duración determinada por circunstancias da produción, recollendo: como consecuencia do incremento ocasional e imprevisible da actividade e as oscilacións, que aínda tratándose da actividade normal da empresa, xeren un desaxuste temporal entre o emprego estable dispoñible e o que se require, sempre que non responda aos supostos incluídos no artigo 18 deste convenio colectivo o artigo 16.1 do Estatuto dos Traballadores, terán unha duración máxima de 12 meses.

A CIG-ensino, xunto coas demais OO.SS, esiximos que se as patronais querían meter novos conceptos a negociar, cando a mesa era única e exclusivamente para dar cumprimento á sentenza da AN polas táboas salariais, nós queremos meter as melloras sociais acordadas “no preacordo roto”. A resposta da patronal foi: “que unha vez que recorriron a sentenza da AN, agora non podían botarse atrás sen nada a cambio”, ademais “de que quedarían espidos e vendidos de cara á negociación do resto do convenio”. Ben, pois ao final o resto da parte social cedeu e valeulle o compromiso da patronal para negocialos no futuro, esperemos errar e que o convenio non se peche así ou con tres ou catro esmolas.

O máis lamentable foi que non aceptaran meter o Acordo acadado na Fundación SIMA polos servizos xurídicos da CIG, sobre o art. 35- “pago do complemento de nocturnidade nas vacacións” cando tiña moito máis encaixe e relación coas táboas salariais a asinar,  que os contratos a meter polas patronais. Ademais fora asinado o SIMA por todas as partes e quedara pendente de levar ao convenio unha vez se retomaran as negociacións, despois da sentenza, ou como moito tardar, antes do 31 de decembro, para que as patronais pagaran canto antes. O texto mandado pola CIG, e rexeitado por todos, dicía:

5 - La modificación del artículo 35 del XV convenio, en los siguientes términos, acordados en la Fundación SIMA del 12 de septiembre de 2022 por todos los integrantes de la mesa negociadora: “Se abonará el complemento de nocturnidad del XV Convenio colectivo general de centros y servicios de atención a personas con discapacidad durante los periodos vacacionales y en otros supuestos de ausencia por causa legal”. Además en dichos períodos también se abonarán los demás pluses recogidos en el convenio, por ordenamiento jurídico firme.

6 - Retirada dos recursos plantexados polas partes social e patronal:

As organizacións integrantes da mesa negociadora, agás CONACEE, comprométense a retirar os recursos de casación presentados no Supremo, contra as sentenzas da AN, tanto do art. 32.1 coma a da aplicación do SMI.

Por un marco galego de relacións laborais: convenio galego no sector da diversidade funcional.
 

Vistas as cativas negociacións unha vez máis a nivel estatal, por patronais que actúan como “empresas privadas” no canto de “asociacións” e sindicatos estatais entregados e pactistas, desde a CIG-Ensino seguiremos loitando por un marco galego de relación laborais, como a única vía real de dignificación dos dereitos laborais e salariais do sector, abrindo negociacións por un Convenio Galego, con quen ten as competencias ( Xunta) e coas patronais galegas.

Defendemos a participación dos traballadores/as do sector nas negociacións, evitando que as cúpulas dos sindicatos estatais os suplanten e decidan por eles. Para iso temos que seguir aumentando a nosa representación sindical, sendo maioritarios na Galiza. Apoia o noso modelo sindical reivindicativo, asembleario e combativo como única vía para presionar e forzar negociacións reais que nos encamiñen cara un Convenio Digno. Só coa mobilización social do sector se pode avanzar, pois ninguén dá nada por dar.

Reunión da CIG con INRED (Asociación Empresarial Galega de Entidades da Discapacidade Intelectual e Afíns).

Nesta xuntanza entre organizacións representativas do sector da atención á diversidade na Galiza, na que logo dunha presentación e exposición das liñas básicas e prioritarias de cada unha das partes, concluímos que temos coincidencias e puntos en común, nos que podemos confluír de cara a facer fronte á administración galega para que poña os coidados das persoas con discapacidade na prioridade de verdade das súas políticas públicas, comezando urxentemente con máis investimento nestes centros sen ánimo de lucro (que é a quen representan), que dignifique os salarios do persoal traballador,  co rumbo dunha única rede pública e un convenio galego digno, como garante dun mellor servizo de calidade aos usuarios/as, no que se desterre a privatización mercantilista. A CIG animou á patronal, ao igual que fixera con AEDIGAL noutra xuntanza, a camiñar nesta dirección reivindicativa para dignificar, recoñecer e valorar os coidados ás persoas e as condicións de traballo, como sempre vimos facendo o sindicato maioritario. As dúas partes puxémonos deberes para comezarmos un camiño, que non vai ser doado, emprazándonos a novos encontros en futuras datas.

Acordo Parcial do XVI Convenio Estatal de centros de Atención a Persoas con Discapacidade

Documento


Volver