Ensino privado
346 resultados
Bloqueadas as táboas salariais de Educación Infantil 0-3 pola incoherencia dos sindicatos asinantes do convenio
A Mesa estatal de negociación de infantil 0-3 queda unha vez máis en cuestión pola decisión dos sindicatos que miraron para outro lado á hora de esixir o pago do SMI, como marca a lei, e que agora non asumen nin o que asinaron na negociación do convenio
Obxectivo acadado: ninguén cobrará menos do Salario Mínimo Interprofesional
A CIG-Ensino logra que nas Escolas Infantís 0 – 3 anos ninguén cobre menos do Salario Mínimo Interprofesional (SMI)
Escolas Infantís de 0-3: que ninguén cobre menos do Salario Mínimo
Con este obxectivo a CIG segue dando pasos adiante, como xa anunciara, e presentou papeleta de conciliación en materia de conflito colectivo, nunha decisión que implica un paso previo legal á demanda na Audiencia Nacional
O IV convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores non foi asinado pola CIG-Ensino ao non respostar ás nosas reivindicacións nin ás dos traballadores e traballadoras
O pasado día 23 de decembro de 2020 todas as patronais do sector e só CCOO pola parte social asinaron o IV CONVENIO, hipotecando ate 2025 as condicións laborais e salariais dos traballadores/as
Aberto o prazo para solicitar habilitacións para o ensino privado
Desde xaneiro de 2021, a presentación de solicitudes de habilitación farase unicamente mediante medios electrónicos
A CIG-Ensino denunciará na Audiencia Nacional as táboas salariais de 2020 do XII convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil
As patronais do sector néganse a adaptar as táboas salariais de 2020 ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) amosando unha grande irresponsabilidade e provocación ante as traballadoras/es da etapa 0-3
A CIG-Ensino rexistrou a convocatoria de folga indefinida a partir do 1 de decembro na Escola Municipal de Música de Compostela
Asinado o VII convenio colectivo estatal de centros de ensinanza de perruquería e estética, de ensinanzas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos
A CIG-ensino non subscribiu este VII convenio
O persoal da Escola Municipal de Música de Santiago leva tres meses sen cobrar e ameaza con unha folga indefinida
A día de hoxe a última nómina que lles ingresaron íntegra foi a do mes de agosto, a día 6 de outubro.
A CIG-Ensino denuncia que o profesorado contratado como reforzo Covid no ensino concertado está discriminado salarialmente
Este persoal docente non está dentro do pago delegado, o que na práctica implica que non cobre o complemento autonómico.
páxina 19 de 35

