Táboas salariais 2022 e 2023 do ensino concertado

A CIG-ensino non subscribe a nova revisión salarial para 2022 nin as táboas salariais de 2023, asinadas polos sindicatos estatais nun novo “amén” ás patronais, ao incrementarse a perda de poder adquisitivo actual e futura

A CIG-Ensino, logo de “6 mesas negociadoras” das táboas salariais de ensino concertado para 2022 e 2023, non asinou a revisión salarial para 2022 do 1,5% (sobre o 2% xa asinado o ano pasado, quedando a suba total de 2022 no 3,5%) nin o 2,5% para 2023 para unha parte dos traballadores/as, ao igual que non o fixera nas táboas de anos anteriores, por varios motivos que sempre defendemos e que unha vez máis non se acadan no acordo asinado por todas as patronais e os sindicatos estatais de sempre, que lles dixeron “amén” ás empresas o 16 de maio de 2023.

1.- Pola consolidación, e incluso incremento futuro, da perda de poder adquisitivo que supón para todo o persoal afectado por este convenio: lévase máis dun 15% acumulado de perda de IPC desde o recorte salarial do 5% feito en 2011, e non se introduce cláusula de revisión salarial a alza o que vai supor aumentar esa perda de IPC (acabamos de pechar o 2022 cun 5,7% de IPC, e os salarios subiron só un 3,5%, polo que +2,2% de perda adquisitiva), posto que as previsións de IPC para 2023 están sobre o 5% e asinouse o 2,5%, sen cláusula. O triste é que o mesmo día asínase o 5º AENC entre Patronais e CCOO e UGT co 4% para este mesmo ano 2023.

2.- Porque non se garante o SMI 2023 (1080€) para os salarios que queden por debaixo, absorbéndose os complementos salariais, tal e como se fixo no 2022, que os salarios quedaron en 978€, máis unha esmola de 11€/mes, para quen teña mínimo 1 trienio. Este 2023 a esmola será de 15€/mes, que tamén será absorbíbel coa suba de 2024. Ademais, porque medra a fenda salarial entre os salarios máis altos e os máis baixos, precarizando máis estes últimos,e porque  non se aplican as subas aos demais complementos do convenio.

3.- Porque aos PAS, persoal complementario (PC) e persoal docente (PD) sen pago delegado, sendo os salarios máis precarios, aboaránselles os atrasos do 1,5% de 2022 en 2 cómodos prazos para as patronais: o 1º antes do 30/09/2023 e o 2º antes do 28/02/2024.

4.- Porque as de 2023 para os docentes de pago delegado non se asinaron, por dúas ou tres CC.AA non as aplicar... unha vergoña! Ademais as  asinadas, foron dous meses máis tarde do recollido no VII convenio, incumpríndoo, pois di asinalas nos 3 meses seguintes á publicación dos PXE. Aínda así, terán 3 meses as patronais para aboar atrasos dende a publicación no BOE.

Proposta defendida na mesa pola CIG-Ensino:

Suba salarial do 5,7% en total para 2022 e do 5% lineal a todos/as sobre o salario medio estatal para 2023, sobre 100€/mes ( evitando así máis fenda salarial entre salarios máis altos e máis baixos, así como recuperar IPC perdido), cláusula de revisión salarial á alza, como garante do IPC. Este 5% tamén se aplicará a todos os complementos do convenio. Os salarios base máis baixos adaptaranse ao SMI correspondente de cada ano, non quedando ningún salario por debaixo do mesmo, evitando a absorción de complementos salariais, como trienios.

Unha vez máis a CIG-Ensino denuncia a falta de negociación e que hai un convenio estatal que despois non se aplica, en táboas salariais, PEA, complementos de cargo,... É necesario trasladar o ámbito de negociación alí onde se dan as condicións para chegar a acordos que sexan realistas e poidan aplicarse, é dicir, ás CC.AA., e que participen nelas as tres partes implicadas: patronais, organizacións sindicais e, polo menos, mentres sigan sendo financiados con fondos públicos, as administracións educativas correspondentes. Xa vén sendo hora de adaptarse á realidade e de respectar a pluralidade do Estado, así como facer partícipes e que decida o persoal traballador, acercándolles a negociación e non deixando que sexan as cúpulas patronais e sindicais, en Madrid, as que decidan segundo os seus intereses.

De que vale un convenio estatal que non se aplica, mesmo limita e non é operativo?

TÁBOAS SALARIAIS CENTROS CONCERTADOS GALIZA 2023

DOCENTES EN PAGO DELEGADO:

ENSINO CONCERTADO GALIZA 2023

SALARIO BASE 2023

COMPL. AUTON. (C.A.) 2023

TOTAL SALARIO 2023

TRIENIOS 2023

INFANTIL, PRIMARIA, E. ESPECIAL

1.823,81

412,52

2.236,33

41,45

1º CICLO ESO MESTRES

1.823,81

524,8

2.348,61

41,45

LICENCIADOS ESO, FP, FPB

2.141,73

420,19

2.561,92

52,26

TÁBOAS SALARIAIS CENTROS CONCERTADOS GALIZA 2023

RESTO DOCENTES (PD), PERSOAL COMPLEMENTARIO (PC) E PAS:

CATEGORÍA  LABORAL

SALARIO

TRIENIO

Mestre/a

1.815,32

43,44

Profesor/a FP e ESO

2.005,43

54,75

Profesor/a Bacharelato                 Compl. 101,91)

2.097,24

54,75

Profesor/a de  Actividades Educativas Extracurriculares

1.540,06

39,45

Monitor/a -  Educador/a Instrutor/a - Técnico/a

1.386,04

37,62

Xefe/a de Administración/ Secretaría

1.421,05

43,86

Xefe/a de Negociado

1.196,75

37,48

Oficial Contable - Xefe/a Cociña - Condutor/a- Oficial 1ª oficio

1.141,78

37,03

Recepcionista- Telefonista Auxiliar- Garda- Vixiante - Limpeza, prancha, lavado, mantemento, xardinería e oficios varios          (Compl. +153*)

1.017,12

37,03

Coidador/a -  Porteiro/a - Oficial 2ª Oficios - Axudante  cociña

1.043,80

37,03

Conserxe / Gobernante

1.196,53

37,03

Cociñeiro/a

1.088,30

37,03

*Complemento mísero e ruín para estes PAS con algún trienio, só para 2023 (logo absorbíbel) Serve de compensación ao SMI de 2023 (1080€). Esta cantidade para a CIG era o mínimo a cobrar de salario base.

Volver