Calendario

Eventos do mes Maio de 2019

DOG 29/05/2019
Premios na ESO ao rendemento académico

Publicada a convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

DOG 29/05/2019
STEMbach

No DOG a resolución que regula o bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2019/20.

Outros 29/05/2019
Interinidades en sistemas electrotécnicos e en equipos electrónicos

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións de sistemas electrotécnicos e automáticos e en equipos electrónicos.

Outros 29/05/2019
Premio Proxecta

Ampliado o prazo de participación na convocatoria do Premio Proxecta de Innovación educativa 2019 até o luns 10 de xuño.

Outros 29/05/2019
Proba de galego e de castelán nas oposicións

Publicada na web da Consellaría  a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nas oposicións do 2019.

DOG 27/05/2019
Avaliación da ABAU

Publicado o nomeamento dos  membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao para o curso 2019/20.

DOG 27/05/2019
Lectorados de galego

Anunciada a convocatoria de cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.

DOG 24/05/2019
Ciclos formativos plurilingües

Publicada no DOG a resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019/20.

DOG 23/05/2019
English week

No DOG a convocatoria e a selección de centros para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de 6º de primaria e de ESO.

Outros 23/05/2019
Concurso de traslados de mestres

Publicada a adxudicación definitiva do concurso de traslados do persoal docente do corpo de mestres.

Outros 22/05/2019
Composición dos tribunais de oposicións

Publicada a composición dos tribunais que xulgarán os procesos selectivos no concurso oposición do ano 2019.

DOG 21/05/2019
Formación práctica en centros de traballo ou FP dual

No DOG a convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

DOG 21/05/2019
Bacharelato e Baccalauréat

Publicada a regulación da incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- para o curso 2019/20.

Convocatorias 21/05/2019
Premio curtametraxes

Convocado o Premio Curtametraxes Alice Guy-Blaché 2019 para os centros docentes públicos.

DOG 20/05/2019
Fondo solidario de libros de texto e adquisición de material escolar

No DOG o fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en primaria, ESO e educación especial.

DOG 20/05/2019
Programa PIALE

No DOG a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2019.

BOE 20/05/2019
Docentes estranxeiros

Ábrese o prazo para participar na convocatoria do Ministerio de Educación para a provisión de profesorado estranxeiro nos centros de primaria, secundaria, FP e educación especial.

Outros 16/05/2019
Programa EduExchanges

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos do Programa EduExchanges de intercambio de alumnado 2018/2019.

Outros 16/05/2019
Premio pola igualdade Carmen López-Cortón

Na web da Consellaría a convocatoria do Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019 para os centros docentes públicos.

Outros 16/05/2019
Estadías formativas en empresas

Publicada a resolución definitiva coas estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao profesorado de FP inicial e de artes plásticas e o deseño.

Outros 16/05/2019
Non participación no CADP

Ábrese o prazo para que o persoal interino ou substituto poida solicitar a non participación na elección de destinos para o curso 2019-2020 (CADP), sempre que estean nalgunha das situacións que lles permita facelo.

Outros 16/05/2019
Listaxe de admitidos e excluídos para as oposicións

Publicadas as listaxes provisionais de profesorado admitido e excluído para as oposicións de mestres, PES, PTFP, EOI e música do ano 2019.

Outros 15/05/2019
Comisións de saúde

Abre o prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde para todo o profesorado de secundaria, FP, EOI..,  que participou no concurso xeral de traslados.

Outros 14/05/2019
Concurso de traslados

Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso xeral de traslados para o ano 2019 do profesorado de secundaria, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas...

Outros 14/05/2019
Reintegro de gastos por asistencia a actividades

Publicada a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

Outros 13/05/2019
Premios en innovación tecnolóxica

Resoltos os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.

DOG 10/05/2019
Comedores escolares

Convocadas as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos.

Outros 10/05/2019
Semana STEM

Publicada a convocatoria e selección de centros para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º cursos de ESO.

Outros 10/05/2019
Equipos de orientación específicos

Na web da Consellaría a a relación de persoas aspirantes para cubrir postos nos equipos de orientación específicos no curso 2018/2019.

DOG 09/05/2019
Concurso de orientación

Publicada no DOG a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

DOG 08/05/2019
Novo centro privado

Autorizada a apertura e o funcionamento do centro privado Big Formación de San Cibrao das Viñas.

DOG 08/05/2019
Novas ensinanzas para un centro privado

Autorizadas, na modalidade a distancia, ensinanzas deportivas no centro Jesús Morlán Fariña, de Verducido (Pontevedra).

Outros 07/05/2019
Estadías formativas en empresas

Publicada a resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019.

Outros 07/05/2019
Bibliotecas escolares solidarias

Anunciados os centros seleccionados na acción de voluntariado de lectura-A (primaria).

Outros 07/05/2019
Interinidades en sistemas electrotécnicos e en equipos electrónicos

Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións en sistemas electrotécnicos e automáticos e en equipos electrónicos.

DOG 06/05/2019
Programa CUALE

Publicada a convocatoria para a participación dos centros no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE.

Outros 03/05/2019
Reválida de 3º de primaria

Na web da Consellaría as instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro (reválida) no 3º curso de educación primaria.

Outros 03/05/2019
Reválida de 6º de primaria

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria.

Outros 03/05/2019
Reválida de 4º da ESO

Instrucións na web da Consellaría para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria.

Outros 03/05/2019
Vacantes definitivas do CXT

Publicadas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados do 2019/2020.

< Maio 2019 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario