Calendario
Eventos do día 16 de Maio de 2019
Programa EduExchanges
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos do Programa EduExchanges de intercambio de alumnado 2018/2019.
Premio pola igualdade Carmen López-Cortón
Na web da Consellaría a convocatoria do Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019 para os centros docentes públicos.
Estadías formativas en empresas
Publicada a resolución definitiva coas estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao profesorado de FP inicial e de artes plásticas e o deseño.
Non participación no CADP
Ábrese o prazo para que o persoal interino ou substituto poida solicitar a non participación na elección de destinos para o curso 2019-2020 (CADP), sempre que estean nalgunha das situacións que lles permita facelo.
Listaxe de admitidos e excluídos para as oposicións
Publicadas as listaxes provisionais de profesorado admitido e excluído para as oposicións de mestres, PES, PTFP, EOI e música do ano 2019.