Calendario
Eventos do mes Xuño de 2019
Calendario escolar para o curso 2019/2020
Publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2019/2020.
Programa Educación Responsable
Na web da Consellaría a resolución provisional de centros seleccionados no programa "Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade" para o curso 2019/20.
Proxectos de fomento do uso do galego
No DOG a resolución pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego do curso 2018/2019 a centros públicos.
Seccións bilingües
Na web da Consellaría a relación provisional de seccións bilingües admitidas e excluídas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2019/2020.
Adxudicación provisional do PIALE
Publícanse na web da Consellaría as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2019.
Asistencia a actividades de formación
Publicada a orde que regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2019.
Concurso de destinos provisionais (CADP)
Publicada a resolución pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2019/20.
Normas para a adxudicación de destinos provisionais
No DOG a resolución pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso 2019/2020.
Programa de innovación educativa 'Espazos Maker'
Anunciada a apertura do prazo para a participación no programa de innovación educativa "Espazos Maker" para centros docentes públicos.
Robótica en primaria
Na web da Consellaría a convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos.
Proxecto E-Dixgal
Na web da Consellaría a resolución provisional de centros admitidos e excluídos para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020.
Corrección de erros na oferta de FP
Publicada unha corrección de erros na oferta modular de FP.
Premios no certame Cooperativismo no ensino
Publicada no DOG a concesión dos premios do certame dirixido ao alumnado Cooperativismo no ensino 2019.
STEMweek
Publicadas as listaxes das axudas para a realización das actividades formativas en inglés, STEMweek.
Formación do profesorado
Publicado na páxina web da Consellaría o plan anual de formación do profesorado para o curso 2019/2020.
Postos docentes no exterior
No BOE a resolución do concurso de postos docentes no extranxeiro.
Oferta de FP ordinaria
Actualizada no DOG a oferta de formación profesional ordinaria para o curso académico 2019/20.
Oferta modular para adultos
Publicada a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP para o curso académico 2019/20.
Calendario escolar para o curso 2019/2020
Publicado na páxina web da Consellaría o calendario escolar para o curso 2019/2020.
Currículo da ESO e do Bacharelato
Publicada unha corrección de erros na orde que dita instrucións para o desenvolvemento do currículo da ESO e do Bacharelato para o curso 2019/2020.
Curtas de animación en galego
Publicada a resolución dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!
Concurso para cubrir diferentes postos
Publicado no DOG o concurso para cubrir prazas de persoal asesor, de dirección dos CFRs, do Centro Autonómico de Formación e Innovación, do Servizo de Formación do Profesorado, de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e para cubrir postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Outra corrección de erros nun tribunal de primaria
Publicada unha corrección de erros que inclúe aspirantes no tribunal número 3 de primaria de Pontevedra e no número 19 de infantil de Lugo.
Dinamización lingüística
Publicada a resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2018/2019.
Corrección de erros na convocatoria de oposicións
Publicada unha corrección de erros na orde de oposicións que afecta ás probas de inglés, informática e bioloxía.
Corrección de erros en Linguaxe Musical
Publicada unha corrección de erros sobre o día de actuación para a parte B da primeira proba do tribunal de Linguaxe Musical.
Interinidades en sistemas electrotécnicos e en equipos electrónicos
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo nas listaxes de interinidades de sistemas electrotécnicos e automáticos e en equipos electrónicos.
Distribución por tribunais dos opositores
Na web da Consellaría a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nas oposicións do 2019.
Corrección de erros en sedes de Educación Infantil de Ourense
Corrixidas as sedes de actuación dos tribunais 21, 22 e 23 das oposicións de educación infantil en Ourense.
Corrección de erros nas sedes de Tecnoloxía
Publicada unha corrección de erros nas sedes dos tribunais de Tecnoloxía para as oposicións do 2019.
Datas, horas e lugares das oposicións
Anunciadas as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba das oposicións do 2019.
Currículo da ESO e do Bacharelato
No DOG as instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2019/20, do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.
Publicadas cun erro, máis información na seguinte ligazón
Listaxe de admitidos e excluídos para as oposicións
Publicada unha corrección de erros nas listaxes de profesorado admitido e excluído para as oposicións do 2019.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
Publicadas as listaxes definitivas das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019 destinadas ao alumnado.
Corrección de erros nos tribunais da oposición
Publicada no DOG unha corrección de erros referida a varios tribunais que xulgarán as oposicións do 2019.
Auxiliares de conversa para centros concertados
Na web da Consellaría a resolución provisional das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa en linguas estranxeiras.
Licenzas por formación
Publicada na web da Consellaría a resolución pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2020/2021. O prazo de preinscrición remata o 12 de xuño.
Premios extraordinarios de bacharelato
Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2018/19.
Tribunais das oposicións
Publicada no DOG a composicións dos tribunais que xulgarán as oposicións do 2019.
Club de letras
Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes durante o curso 2019/2020.
Proba de galego e de castelán nas oposicións
Publicada a listaxe de profesorado non exento de realizar a proba de galego e castelán nas oposicións do 2019.
Listaxe de admitidos e excluídos para as oposicións
Publicadas as listaxes definitivas de persoal admitido e excluído para as oposicións 2019.