Erro na publicación das horas de tecnoloxía e segunda lingua estranxeira para o curso 2019/2020

A CIG Ensino detecta e comunica un erro á Consellaría de Educación no número de horas destas áreas

Na RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2019/20, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que se publicou hoxe, 11 de xuño, no DOG, detectamos un erro número das horas de tecnoloxía e segunda lingua estranxeira.

Comprobado que no Decreto 86/2015, concretamente no anexo IV a distribución horaria para a Educación Secundaría Obrigatoria, marca en dúas o número de horas para a segunda lingua estranxeira e tres para Tecnoloxía en Segundo da ESO puxémonos en contacto coa administración, e desde o departamento de ordenación educativa, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa confirman que foi un erro e que procederan a publicar unha corrección de erros.

Volver