Calendario
Eventos do día 26 de Xuño de 2019
Asistencia a actividades de formación
Publicada a orde que regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2019.
Concurso de destinos provisionais (CADP)
Publicada a resolución pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2019/20.
Normas para a adxudicación de destinos provisionais
No DOG a resolución pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso 2019/2020.
Programa de innovación educativa 'Espazos Maker'
Anunciada a apertura do prazo para a participación no programa de innovación educativa "Espazos Maker" para centros docentes públicos.
Robótica en primaria
Na web da Consellaría a convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos.
Proxecto E-Dixgal
Na web da Consellaría a resolución provisional de centros admitidos e excluídos para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020.