Calendario
Eventos do día 29 de Maio de 2019
Premios na ESO ao rendemento académico
Publicada a convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.
STEMbach
No DOG a resolución que regula o bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2019/20.
Interinidades en sistemas electrotécnicos e en equipos electrónicos
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións de sistemas electrotécnicos e automáticos e en equipos electrónicos.
Premio Proxecta
Ampliado o prazo de participación na convocatoria do Premio Proxecta de Innovación educativa 2019 até o luns 10 de xuño.
Proba de galego e de castelán nas oposicións
Publicada na web da Consellaría a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nas oposicións do 2019.