Calendario
Eventos do mes Abril de 2019
Novas seccións bilingües
Orde coa convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2019/20.
Nova orde de concilia
Publicada en DOG a nova orde que regula as comisións de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.
Programa Educación Responsable
Convocada a selección de centros de primaria e secundaria para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2019/20.
Premio Boas prácticas de educación inclusiva
Convocado o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación durante o curso escolar 2018/19.
Interinidades en audioloxía protésica
Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións en audioloxía prótesica.
Interinidades en mantemento de vehículos
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións en mantemento de vehículos.
Concurso de orientación
Na web da Consellaría a adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos CEIPs e CEEs.
Curtas de animación en galego
Amplíase o prazo de presentación de curtametraxes aos Premios a Curtas de Animación en Galego elaboradas nomarco do Programa Nós tamén creamos!
ComunicaTedu
Publicada a resolución definitiva de solicitudes admitidas no concurso ComunicaTedu para o curso 2018/19.
Proxectos de formación en FP
Publicada a resolución definitiva da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.
STEMweek
No DOG a convocatoria de axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek.
Interinidades en mantemento de vehículos
Relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións da especialidade de mantemento de vehículos.
Interinidades en varias especialidades
Publicada a relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións de música, análise e química industrial, organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos.
Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato
Na páxina web da Consellaría o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato.
Clubes de lectura
Premio dos clubes de lectura 2019 a María Reimondez.
Concurso de orientación
Na web da Consellaría a relación provisional de admitidos e excluídos e o baremo provisional da convocatoria para cubrir postos nos equipos de orientación específicios.
Novo ciclo de FP nun centro privado
Autorizada a impartición dun novo ciclo formativo ao centro privado Divino Maestro, da Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Convenio de MUFACE coa Xunta para o ámbito rural
Publicado no BOE o convenio entre MUFACE e o Servizo Galego de Saúde para a prestación de determinados servizos sanitarios nas zonas rurais.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Convocado o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos para o curso 2019/20.
E-Dixgal
No DOG a convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20.
Premios extraordinarios de bacharelato
Convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.
Concurso ComunicaTedu
Na web da Consellaría a resolución provisional de solicitudes admitidas no concurso ComunicaTedu.
Interinidades en organización e procesos de mantemento de vehículos
Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións na especialidade de PES de organización e procesos de mantemento de vehículos.
Interinidades en audioloxía protésica
Comeza o proceso de elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PTFP do ciclo superior en audioloxía prótesica.
Bacharelato de especialización en idiomas
Publicada a resolución que regula o Bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2019/20.
Centros plurilingües
No DOG a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües para o curso 2019/20.
Plurilingüismo en infantil
Resolución que regula o Programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2019/20.
Interinidades en mantemento de vehículos
Publicada na web a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións de mantemento de vehículos.
Interinidades en linguaxe musical
Relación definitiva e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións da especialidade de linguaxe musical.
Bacharelato e Baccalauréat
Convocada a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat para o curso académico 2018/2019 e ditadas instrucións para o seu desenvolvemento.
Xuntas provinciais e Xunta autonómica de direccións dos centros
No DOG as datas de elección dos membros das Xuntas provinciais e da Xunta autonómica de directores e directoras de centros de ensino.
Interinidades en varias especialidades
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións en música, análise e química industrial , organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos.
Interinidades en literatura dramática
Na web da Consellaría a relación definitiva e o baremo definitivo nnas listas de interinidades e substitucións de literatura dramática na ESAD.
Acreditación de competencias profesionais
No DOG o nomeamento dos asesores e as asesoras que actuarán no proceso de acreditación de competencias.
Concurso de Podcasts
Publicada a convocatoria do I Concurso de podcasts- Radio na biblio, destinado a centros públicos, en colaboración coa Radio galega (CRTVG), no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Orde de direccións
Publicada a orde coa convocatoria do concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.