Calendario

Eventos do mes Marzo de 2019

Outros 29/03/2019
Interinidades en relixión católica

Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, na ESO, Bacharelato e primaria.

DOG 28/03/2019
Máis unidades para un centro privado

Autorizada a ampliación de ensinanzas para o centro privado Concepción Arenal de Ourense.

DOG 28/03/2019
Autorización de unidades nun centro privado

Modificada no DOG a autorización do centro privado plurilingüe La Encarnación, de Caldas de Reis (Pontevedra).

Outros 27/03/2019
Titulacións para as listaxes de interinidades e substitucións

Na web da Consellaría o borrador da Orde coas titulacións que permiten a incorporación ás listaxes de profesorado para cubrir interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, Secundaria, PTFP e de EOIs.

Outros 27/03/2019
Estadías formativas en empresas

No DOG a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao funcionariado docente.

Outros 26/03/2019
Programa EduExchanges de intercambio de alumnado

Publicada a listaxe provisional de centros beneficiarios  para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2018/2019.

DOG 25/03/2019
Probas CELGA

Convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019.

Outros 22/03/2019
FP dual

Publicada a Rede galega de dinamización da FP dual coa selección dos centros e as instrucións para nomear as persoas responsables da súa dinamización en cada un.

Outros 22/03/2019
Interinidades en mantemento de vehículos

Anúnciase a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións no corpo de profesorado técnico de formación profesional, especialidade mantemento de vehículos.

Outros 20/03/2019
Resolución provisional do CXT de mestres

Publicada a resolución provisional do concurso de traslados do corpo de mestres para o ano 2019.

Outros 20/03/2019
Concurso de orientación

Publicada a adxudicación provisional do concurso de traslados para cubrir prazas de xefatura do Departamento de orientación dos CEIPs. 

Outros 20/03/2019
Formación para profesorado de FP

Na web da Consellaría a resolución provisional de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2018-2019.

Outros 20/03/2019
Interinidades en informática e soldadura

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades de informática (secundaria) e sistemas e aplicacións informáticas e soldadura (PTFP).

Outros 15/03/2019
Interinidades en relixión católica

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica.

Outros 14/03/2019
Interinidades en literatura dramática

Publicada a relación provisional de persoas seleccionadas e excluídas nas listas de interinidades para a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, especialidade de literatura dramática.

DOG 13/03/2019
Avaliadores no proceso de acreditación de competencias

No DOG os avaliadores do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

DOG 13/03/2019
Comisións de avaliación da acreditación de competencias

Publicada a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias.

Outros 12/03/2019
Resolución provisional do CXT de secundaria

Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados de secundaria, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores.

DOG 12/03/2019
Novo nome para o CEIP de Culleredo

O CEIP de Culleredo (A Coruña) pasa a chamarse CEIP Vila de Rutis.

DOG 12/03/2019
Novo nome para o CMUS de Ribeira

O CMUS Profesional de Ribeira (A Coruña) chámase a partir de agora CMUS Profesional de Ribeira Enrique Paisal.

DOG 11/03/2019
Concurso Eduemprende Idea 2019

No DOG a convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

Outros 11/03/2019
Concurso sobre Antón Fraguas

Publicados os centros gañadores do concurso sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019, Antón Fraguas Fraguas.

DOG 08/03/2019
Convocatoria de oposicións

Publicada no DOG a convocatoria das oposicións do ano 2019.

BOE 08/03/2019
Lei de melloras das condicións para o desempeño da docencia

Publicada no BOE a Lei 4/2019 de mellora das condicións para o desempeño da docencia e o ensino no ámbito non universitario.

DOG 07/03/2019
Xunta autonómica de directores e directoras

Publicada a orde que regula a composición e o funcionamento das xuntas provinciais e da Xunta Autonómica de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario.

DOG 07/03/2019
Ampliación do permiso de paternidade

Publicado no BOE o Real Decreto Lei para a garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e na ocupación.

Outros 07/03/2019
Interinidades en francés

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións en secundaria especialidade de francés.

DOG 06/03/2019
Nova praza para o concurso de Orientación

No DOG a ampliación dunha praza no concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos do 2018.

DOG 05/03/2019
Novas especialidades nun centro de música

Autorizadas novas especialidades das ensinanzas profesionais de música moderna no centro Presto Vivace, da Coruña.

DOG 04/03/2019
Premios extraordinarios de FP

No DOG a convocatoria de  premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2017/18.

DOG 01/03/2019
Servizos mínimos para a folga

Publicado o decreto que estabelece os servizos mínimos para a folga de mulleres do 8 de marzo.

< Marzo 2019 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario