Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2019
Concurso de oratoria
Convocado o concurso de oratoria ComunicaTedu, que dedica esta edición á igualdade e á prevención da violencia de xénero.
Interinidades en francés
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de francés en secundaria.
Innovación didáctica en FP
Convocados premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
Admisión de alumnado
As letras de prioridade resultantes do sorteo para o proceso de admisión de alumnado para o curso 2019/2020 son o E e o C para o primeiro apelido e o U e o P para o segundo apelido.
Auxiliares de conversa para centros concertados
Publicadas as axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa.
Concurso de orientación
Publicada a baremación provisional do concurso de traslados para cubrir prazas de xefatura dos departamentos de orientación.
Novo bacharelato no IES Val do Tea
No DOG a autorización das ensinanzas de bacharelato na modalidade de Artes no IES Val do Tea de Ponteareas.
Interinidades en chinés
Na web da Consellaría a relación definitiva de admitidos e excluídos e o baremo definitivo na listaxe de interinidades de profesorado especialista de nacionalidade estranxeira na especialidade de chinés.
Oferta de emprego público
No DOG o decreto que aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.
Instrucións para a realización da proba de acceso á Universidade
Resolución coas instrucións para a realización, dentro do curso 2018/19, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/20.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
No DOG a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019 destinadas ao alumnado dos centros públicos.
Vacantes provisionais do concurso de traslados
Publicadas na web da Consellaría as vacantes provisionais para o concurso de traslados 2018/2019.
Convocatoria cursos CELGA
No DOG o anuncio da convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Interinidades en chinés
Profesorado admitido e excluído e baremo provisional nas listaxes de interinidades e substitucións para chinés da EOI.
Programa EduExchanges de intercambio de alumnado
Anunciada a apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no programa EduExchanges de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2018/2019.
Apertura de listaxe de interinidades
Anúnciase a próxima apertura de interinidades en francés, música, análise e química industrial, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos, sistemas e aplicacións informáticas e soldadura.
Listaxes de relixión católica
Anúnciase a apertura de listaxes de interinidades e substitucións de relixión católica para ESO, Bacharelato, infantil e primaria.
Interinidades en filosofía e patronaxe
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións de filosofía e de patronaxe e confección.
Interinidades en linguaxe musical
Anunciada a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade linguaxe musical.
Curtas de animación en galego
Anunciada a relación de centros admitidos e excluídos nos premios a curtas de animación en galego do programa Nós tamén creamos! no curso 2018/2019.
Interinidades en dramaturxia
Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas seleccionadas nas listas de interinidades e substitucións na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de dramaturxia.
Acceso a ciclos formativos
No DOG a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2019.
Baremos provisionais do CXT
Publicadas na web da Consellaría as baremacións provisionais das instancias do Concurso xeral de traslados 2019.
Contratos programa
Na web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados e non seleccionados para o curso 2018/19 cos contratos-programa.