Calendario

Eventos do mes Xaneiro de 2019

DOG 31/01/2019
Curricula de piragüismo

No DOG o decreto cos currícula dos ciclos de grao superior de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas e ao título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas.

DOG 31/01/2019
Certame cooperativismo no ensino

Publicada a convocatoria e as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, para o ano 2019.

Outros 29/01/2019
Biblioteca escolar e Voluntariado de lectura-A

Publicada na web da Consellaría a relación de centros que se adhiren a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019.

Outros 25/01/2019
Interinidades en chinés

Anúnciase a apertura dunha listase de interinidades/substitucións de profesorado especialista de nacionalidade estranxeira para impartir docencia no corpo de profesores de EOIS, especialidade de chinés.

DOG 24/01/2019
Fomento do uso do galego en centros públicos

Publicada a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino.

DOG 24/01/2019
Fomento do uso do galego en centros privados

No DOG a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada.

DOG 22/01/2019
Formación práctica en centros de traballo

No DOG a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

DOG 18/01/2019
Nóminas

Publicada a orde de confección de nóminas para o ano 2019.

Outros 18/01/2019
Interinidades en filosofía e patronaxe

Anúnciase a apertura de listaxes de substitucións para a especialidade de filosofía en secundaria e para a de patronaxe e confección en formación profesional.

Outros 18/01/2019
Interinidades en literatura dramática

Anunciada a próxima apertura de listaxes de interinidades e substitucións para a especialidade de literatura dramática na Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.

Outros 18/01/2019
Baremo definitivo en expresión corporal

Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas seleccionadas e non seleccionadas e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións na especialidade de expresión corporal da ESAD.

Outros 18/01/2019
Baremo provisional en dramaturxia

Publicada a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.

Outros 14/01/2019
Innovación educativa en dinamización lingüística

Na web da Consellaría a convocatoria para a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2018/2019.

DOG 11/01/2019
Concurso de literatura infantil e xuvenil

Convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas sobre a figura de Antón Fraguas.

Outros 11/01/2019
Curtas de animación en galego

Amplíase o prazo para participar nos premios a curtas de animación elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso 2018/2019.

Outros 11/01/2019
Auxiliares de conversa

Aberta a convocatoria para a renovación das persoas axuliares de conversa para o curso 2019/2020.

Outros 11/01/2019
Iterinidades en expresión corporal

Adxudicación provisional das interinidades e substitucións na especialidade de expresión corporal na Escola Superior de Arte Dramática.

Outros 10/01/2019
Formación para profesorado de FP

Na web da Consellaría a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2018-2019.

DOG 09/01/2019
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE

No DOG a resolución das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2018/19.

DOG 09/01/2019
Axudas a centros concertados para bibliotecas

No DOG a resolución coas axudas para centros privados concertados para as bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2018/19.

DOG 08/01/2019
Curso de actualización da función directiva

No DOG a convocatoria do curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

Outros 08/01/2019
Apertura de interinidades na ESAD

Ábrese a listaxe de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de dramaturxia.

< Xaneiro 2019 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario