Calendario
Eventos do mes Decembro de 2018
Programa Observa_Acción
Na web da Consellaría a resolución definitiva coa listaxe de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa “OBSERVA_ACCIÓN” durante o curso 2018-2019.
Formación permanente do profesorado
Publicada a resolución definitiva da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado no curso 2018/2019.
Curso de actualización da función directiva
Anunciada a próxima apertura do prazo para realizar o curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.
Proxectos de innovación en FP
A Consellaría convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Novo centro de música e danza
Autorizada a inclusión da Escola de Música de Vilatuxe no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
DELF escolar
Na web da Consellaría a información relativa ás probas do DELF Escolar en Galiza.
Acreditación de competencias profesionais
Publicado no DOG o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Concurso de orientación
Convocado o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos CEIP, CEP e CEE.
Concurso de Traballo por Proxectos
Publicada a resolución cos traballos seleccionados no V Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou desenvolvidos coa participación da biblioteca escolar durante o curso 2017/2018.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
No DOG a concesión dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18.
Pagamento para o profesorado do ensino concertado
Publicado o acordo entre a Xunta e varias organizacións sindicais co incremento salarial do persoal docente do ensino concertado en réxime de pagamento delegado.
Programa Observa_Acción
Na web da Consellaría a resolución provisional da convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019.
Curtas de animación en galego
Publicados os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019.
Radio na Biblio
Na web da Consellaría a relación dos 30 centros que se incorporan ao programa Radio na Biblio para o curso 2018/2019.
Interinidades en interpretación no teatro do xesto
Anunciada a apertura dunha listaxe para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de interpretación no teatro do xesto.
Cátedras nos conservatorios
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Clubes de lectura
Publicada a resolución provisional da convocatoria de Clubes de lectura destinada a centros públicos de ensino secundario para o curso 2018/2019.