Calendario

Eventos do día 26 de Novembro de 2024

DOG 26/11/2024
Concurso de orientación

Publica o DOG concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Outros 26/11/2024
Interinidades en varias especialidades de secundaria

Relación definitiva na web da Consellaría coa listaxe de profesorado admitido para cubrir interinidades en varias especialidades do corpo de secundaria.

Outros 26/11/2024
Integración no corpo de secundaria

Resolución na web da Consellaría do procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de PTFP se integre no corpo de PES.

Outros 26/11/2024
Criterios para acceder aos postos provisionais da inspección

Publica a Consellaría os criterios de e de actuación da primeira proba do procedemento para cubrir provisionalmente postos de inspección educativa no curso 2024-2025.

Outros 26/11/2024
Premio 'Boas prácticas en educación inclusiva'

Relación na web da Consellaría cos centros que obtiveron o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024 durante o curso escolar 2023/24.

Outros 26/11/2024
Certificación de lingua portuguesa

A Consellaría publica na súa web a resolución definitiva cos centros e alumando beneficiario de axudas para certificar o seu nivel de lingua portuguesa a través da E-certificación Camões Junior para o curso 24-25.

< Novembro 2024 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario