Calendario
08/11/2024
Parámetros de ponderación para o acceso á universidade
Publica a Consellaría os parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2025/26.
Froitas, castañas e leite para o alumnado
O Fondo galego de garantía agraria publica unha modificación do procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares así como a convocatoria para o curso escolar 2024/25.
Cinema con perspectiva
Convoca a Consellaría o programa educativo “Cinema con perspectiva” para o curso 2024/25.
DELF escolar
Publicada a información sobre a celebración do DELF escolar para o curso 2024-2025.