Calendario

Eventos do mes Decembro de 2024

Outros 30/12/2024
Inspeccións provisionais

Listaxe definitiva na web da Consellaría co persoal seleccionado para cubrir postos de inspección provisional.

Outros 26/12/2024
Concurso de traballo por proxectos

Relación de centros premiados no X Concurso de Traballo por Proxectos do curso 2023/24.

BOE 25/12/2024
Docentes no exterior

Anuncia o BOE a modificación do cómputo de prazos para la tramitación e a forma de presentación das solicitudes de participación nos concursos de persoal docente e de asesores e asesoras técnicas no exterior.

DOG 24/12/2024
Axudas ao alumnado de FP dual

Publicada a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Outros 23/12/2024
Formación para profesorado de FP

Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva de proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial.

DOG 20/12/2024
Premios na ESO ao esforzo e superación

O DOG publica a orde coa concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24.

DOG 20/12/2024
Premios ao rendemento académico na ESO

Anunciada a resolución coa concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24.

Outros 19/12/2024
Programa EduFrance

Convocatoria na web para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2024/2025.

DOG 19/12/2024
Comisión de avaliación do CXT

No DOG publícase a composición da comisión de avaliación do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

DOG 18/12/2024
Participación en proxectos europeos

Publica o DOG a resolución pola  que seregulan o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.

Outros 18/12/2024
Premios á excelencia musical do alumnado

Convocatdos os XIX Premios á excelencia musical Mans Futuro 2024 dirixidos ao alumnado da especialidade de Interpretación dos conservatorios superiores de música.

BOE 17/12/2024
Centros de educación ambiental

O Ministerio de Educación convoca axudas para participar no programa 'Centros de educación ambiental' durante o ano 2025.

Outros 17/12/2024
Programa 'Pasando a bóla, xogando para cambiar'

Resolución definitiva anunciada pola Consellaría na súa web do programa educativo para a prevención do acoso escolar e o ciberacoso “Pasando a bóla, xogando para cambiar” no curso 2024/25.

Outros 17/12/2024
Rede de centros 'Ponte...nas ondas!'

A Consellaría informa da continuidade da Rede de Centros “Ponte... nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”  durante o curso 2024/25.

Outros 16/12/2024
Integración do extinto corpo de PTFP

Resolución pola que se declara deserta definitivamente a integración no corpo de PES do antigo profesorado de PTFP.

Outros 16/12/2024
Inspeccións provisionais

Publicación das cualificacións da segunda proba e publicación da convocatoria para a entrega dos méritos correspondente ao procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25.

Outros 13/12/2024
Aulas habilitadas en primaria

Publica a Consellaría a relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas en centros públicos para o curso 2024/2025.

Outros 13/12/2024
Programa Impulso de centros referentes

Resolución definitiva na web da Consellaría coa relación de centros seleccionados no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2024/25.

DOG 12/12/2024
Plan xeral de inspección educativa

Publicada no DOG a resolución pola que estabelece o Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2024/25.

Outros 11/12/2024
Bibliotecas escolares solidarias

Relación definitiva de centros, na web da Consellaría, cos centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias-Voluntariado para o curso 2024/25.

Outros 11/12/2024
InnovaTech FP

Listaxe definitiva de equipos admitidos e excluídos para participar no programa InnovaTech FP 2024-2025 publicada na web da Consellaría.

Outros 09/12/2024
Probas para acceso á inspección provisional

A Consellaría fai público o resultado da primeira proba do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25.

Outros 05/12/2024
Curtas en galego 'Nós tamén creamos!'

A Consellaría publica a relación de centros admitidos no concurso de curtas en galego 'Nós tamén creamos!'

DOG 04/12/2024
Concurso a centros de educación de persoas adultas

Publica o DOG a orde pola que se convoca concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

Outros 04/12/2024
Programa Cinema con perspectiva

Resolución definitiva na web da Consellaría coa relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Cinema con perspectiva durante o curso 2024/25.

Outros 04/12/2024
Interinidades en canto de jazz e contrabaixo de jazz

Anuncia a Consellaría a relación definitiva de profesorado admitido e excluído para a elaboración de listaxes de interinidades ou substitucións nas especialidades de canto de jazz e contrabaixo de jazz do corpo de cátedras de música e artes escénicas.

Outros 04/12/2024
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP

Na web da Consellaría anúnciase a convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2025.

DOG 03/12/2024
Catálogo de primaria

Publica a Consellaría unha corrección de erros no catálogo de postos de traballo docentes dos centros públicos de educación infantil, primaria e educación especial.

Outros 03/12/2024
InnovaTech FP

Listaxe provisional na web da Consellaría de equipos admitidos e excluídos para participar no programa InnovaTech FP 2024-2025.

Outros 03/12/2024
Proxectos de innovación en FP

Anuncia a Consellaría a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.

Outros 02/12/2024
Proxectos de Inclusión Educativa

Resolución provisional na web da Consellaría coa relación de centros seleccionados no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2024/25.

< Decembro 2024 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario