Calendario
04/12/2024
Concurso a centros de educación de persoas adultas
Publica o DOG a orde pola que se convoca concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.
Programa Cinema con perspectiva
Resolución definitiva na web da Consellaría coa relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Cinema con perspectiva durante o curso 2024/25.
Interinidades en canto de jazz e contrabaixo de jazz
Anuncia a Consellaría a relación definitiva de profesorado admitido e excluído para a elaboración de listaxes de interinidades ou substitucións nas especialidades de canto de jazz e contrabaixo de jazz do corpo de cátedras de música e artes escénicas.
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP
Na web da Consellaría anúnciase a convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2025.