Calendario

Eventos do mes Xaneiro de 2025

Outros 28/01/2025
Reclamacións finais

A Consellaría publica unha instrución pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais nas etapas de infantil, primaria, ESO e bacharelato para o curso 2024/25.

DOG 23/01/2025
Formación práctica en centros de traballo

Publica o DOG a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Outros 23/01/2025
Interinidades en secundaria

Relación provisional na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de secundaria.

Outros 23/01/2025
Interinidades en instalacións electrotécnicas

A Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional de instalacións electrotécnicas do corpo de profesores de ensino secundario.

DOG 22/01/2025
Proxectos europeos de formación do profesorado

Publicada unha corrección de erros na orde que regula o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.

BOE 21/01/2025
Premios eTwinning

No BOE publícase o anuncio coa convocatoria dos Premios eTwinning 2025.

Outros 20/01/2025
Centros 'Ponte...nas Ondas!'

Publica a Consellaría unha resolución para os centros de nova incorporación na rede de centros 'Ponte...nas Ondas!' durante o curso 2024/2025.

Outros 20/01/2025
Campoinato galego GaliciaSkills 2025

Publicada a resolución pola que se convoca o 8º Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2025.

Outros 17/01/2025
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Na web da Consellaría publícase a relación de centros galardoados co Premio Tolerancia cero fronte ao acoso 2024.

DOG 16/01/2025
Comedores escolares das ANPAS

Resolve a Consellaría as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado.

Outros 16/01/2025
Actualización do expediente de datos persoais

Abre o prazo para que o persoal docente funcionario en prácticas poida actualizar o seu expediente persoal.

Outros 16/01/2025
Inmersión lingüística en inglés

Publicada a convocatoria para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, para alumnado de sexto curso de primaria e de ESO durante o curso 2024/25.

Outros 15/01/2025
Admisión de alumnado

Comunica a Consellaría o comezo do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes.

Outros 15/01/2025
Acollida de alumnado estranxeiro

Publicado na web da Consellaría o pograma de medidas educativas e sociais dirixidas a facilitar a integración do alumnado estranxeiro nas aulas galegas.

Outros 15/01/2025
Programa 'Que non te líen, ti elixes'

Convocado o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” dirixido a centros durante o curso 2024/25.

Outros 15/01/2025
Programa 'Menores, nin unha pinga'

Resolución definitiva publicada na web da Consellaría do programa 'Menores, nin unha pinga'.

Outros 14/01/2025
Deseño do cartaz polo 8 de Marzo

A Consellaría anuncia a convocatoria do concurso para o deseño do cartaz do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

Outros 14/01/2025
Programa 'Lectura e familias'

Resolta definitivamente a convocatoria do programa 'Lectura e familias' para o curso 2024/2025.

Outros 14/01/2025
Clubes de lectura

Na web da Consellaría está publicada a resolución definitiva dos centros seleccionados para participar no programa dos Clubes de Lectura para o curso 2024-2025.

Outros 14/01/2025
Programa EduExchanges

A Consellaría resolveu definitivamente a convocatoria do programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025.

Outros 09/01/2025
Premios Innovagal 2024

Anuncia a Consellaría na súa web a concesión dos premios educativos Innovagal do ano 2024.

BOE 09/01/2025
Programa 'Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados'

O Ministerio convoca axudas para participar no programa estatal 'Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados' durante o período lectivo de 2025.

DOG 08/01/2025
Acreditación da competencia dixital docente

Convoca a Consellaría diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente.

Outros 08/01/2025
Acreditación da CDD

Publicada a relación definitiva na web da Consellaría das acreditacións da Competencia Dixital Docente.

Outros 08/01/2025
Apertura de listas de interinidades

Anuncia a Consellaría a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de secundaria.

Outros 07/01/2025
Concurso Eduemprende Idea 2024

Anúncianse os proxectos premiados no concurso Eduemprende Idea 2024.

DOG 03/01/2025
Proxectos para o fomento da lingua galega

Publica o DOG a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego.

< Xaneiro 2025 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario