Calendario

Eventos do mes Febreiro de 2025

DOG 28/02/2025
Convocatoria do PIALE

Anúnciase a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, PIALE, para o ano 2025.

Outros 28/02/2025
Sorteo para admisión de alumnado

A Consellaría publica o resultado do sorteo que regula a admisión de alumnado nos centros públicos.

Outros 27/02/2025
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP

Relación na web da Consellaría de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2025.

Outros 26/02/2025
Avaliación de diagnóstico

Publicadas na web as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria para o curso escolar 2024-2025.

DOG 21/02/2025
Novo nome para o CEIP Meaño-As Covas

O DOG anuncia o cambio da denominación do CEIP Plurilingüe Meaño-As Covas, que pasará a chamarse CEIP  Plurilingüe As Covas-Meaño.

Outros 19/02/2025
Radio na Biblio

Anuncia a Consellaría a convocatoria do VII Concurso de Podcast - Radio na Biblio.

DOG 17/02/2025
Convocatoria de oposicións

Publica o DOG a orde pola que se convocan os procesos selectivos de acceso a corpos docentes.

DOG 14/02/2025
Oferta de emprego público

Publica o DOG o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público a prazas de persoal funcionario docente para o ano 2025.

Outros 14/02/2025
Interinidades en secundaria

Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes de substitucións e interinidades en varias especilidades de secundaria.

Outros 14/02/2025
Interinidades en EOI

Anúnciase a apertura de interinidades ou substitucións en francés, galego, inglés, italiano e portugués de Escola Oficial de Idiomas.

Outros 14/02/2025
Interinidades en profesorado de sectores singulares da FP

A Consellaría anuncia na súa web a apertura de interinidades e substitucións en varias especialiades do profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional.

DOG 13/02/2025
Acceso a graos formativos

No DOG a orde coa regulación e a convocatoria das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2025.

Outros 13/02/2025
Competencia lingüística do alumnado

Publicada a convocatoria das probas para a acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado durante o curso 2024/2025.

DOG 12/02/2025
Asistencia a actividades de formación

Publicada a orde coa concesión das axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2024.

Outros 12/02/2025
Vacantes provisionais do CXT

A Consellaría publica as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados do 2025.

Outros 12/02/2025
Admisión de alumnado

A Consellaría anuncia o sorteo do número para a admisión do alumnado no curso 2025-2026.

DOG 11/02/2025
Bacharelato para maiores de 20

Publica o DOG a orde coa regulación da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos.

Outros 11/02/2025
'Ponte... nas Ondas!'

Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva de centros de nova incorporación admitidos no programa "Ponte... nas Ondas!" para o curso 2024/25.

DOG 10/02/2025
Concurso Eduemprende Idea 2025

Convoca a Consellaría o concurso Eduemprende Idea 2025 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

DOG 07/02/2025
Título de ESO para maiores de 18

Convocadas probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos.

DOG 07/02/2025
Cursos CELGA

A Consellaría de Lingua anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Convocatorias 06/02/2025
Proxectos de innovación na FP

A web da Consellaría anuncia a listaxe de proxectos presentados aos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.

Convocatorias 04/02/2025
Centros 'Ponte... nas Ondas!'

Publicada na web a  resolución provisional de centros de nova incpororación admitidos no programa "Ponte... nas Ondas!" para o curso 2024/25.

Convocatorias 04/02/2025
Competencia dixital do alumnado

Publicadas as  instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado de ESO e bacharelato no curso 2024/25.

Outros 03/02/2025
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado

Anuncia a Consellaría as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025 destinadas ao alumnado.

Outros 03/02/2025
Concurso xeral de traslados

A Consellaría publica, para a súa consulta, as solicitudes de participación do concurso xeral de traslados.

Outros 03/02/2025
Interinidades en secundaria

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

< Febreiro 2025 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario