Calendario
Eventos do día 17 de Xuño de 2022
Axudas para o alumnado de FP
Publicada a orde onde se convocan as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual.
Dobre titulación de bacharelato e Baccalauréat
No DOG regulada a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat –Bachibac– para o curso 2022/23.
Fomento do galego en centros privados
Resoltas as subvencións aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros privados correspondentes ao curso 2021/22.
Ciclos formativos plurilingües en artes plásticas
Publicada a resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2022/23.