Calendario
Eventos do mes Xullo de 2022
Aptas na fase de prácticas opos
ORDE do 12 de xullo de 2022 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 25 de xaneiro).
RAOGAL
Resolución pola que se establece a Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar
Modalidades Bacharelato
ORDE do 30 de xuño de 2022 pola que se autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de titularidade desta consellería, de acordo coa nova ordenación establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Rede dinamización relación con empresas
RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros que participarán na Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23 e se ditan instrucións para o seu funcionamento no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
STEMBach
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional cos centros autorizados para a implantación no curso 2022/2023 do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach).
Certificación, acreditación e recoñecemento da competencia dixital docente
Resolución do 1 de xullo do 2022, da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación sobre a certificación, acreditación e recoñecemento da competencia dixital docente
Premios na ESO á superación e ao esforzo
Publicada no DOG a Orde pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22.
Participación no CADP
Publica a Consellaría na súa web a relación de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2022/2023.
Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2022/23
Publicada a resolución do 22 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2022/23.