Calendario
Eventos do mes Agosto de 2022
Nomeamento de profesorado funcionario en prácticas
Publicada a Orde pola que se nomea persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento de acceso do 2022.
Orde de titulacións para as substitucións
Publicada unha modificación nalgunhas titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións.
Concertos educativos
Publicada unha orde pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados.
Proxecto Digicraft
Publicada a convocatoria de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante os cursos 2022/23 e 2023/24.
Novos CIFPs
Publicada no DOG a orde coa transformación de institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional.
Profesorado aprobado nas oposicións
Publica o DOG a relación de profesorado que superou o concurso-oposición de xuño de 2022.
Destinos provisionais no DOG
Publicada no DOG a adxudicación definitiva dos destinos provisionais do profesorado para o curso 2022-2023.
Cursos de lingua galega
Publicada a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas.
Prazas sometidas a convenio
Resolto o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da consellería.
Interinidades nos conservatorios
Anúnciase na web da Consellaría a próxima apertura de listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Modificación do catálogo de primaria
Publicada unha orde cunha modificación das unidades e os postos de traballo docente nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.
Centros con STEMBach
Publicada no DOG a relación de centros docentes autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2022/23.
Ciclos formativos plurilingües
No DOG a Resolución cos centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües, así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2022/23, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Axudas a centros concertados
Resoltas as axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.
Oferta educativa nas EOIs
Publicada a orde coa oferta educativa das escolas oficiais de idiomas a partir do curso escolar 2022/23.
Plurilingüismo e ciclos formativos en Escolas de artes
No DOG publícase a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt), así como os ciclos formativos autorizados para o curso 2022/23.
Seccións bilingües nalgúns centros
Publícase no DOG a resolución coa prórroga de seccións bilingües en determinados centros de ensinanzas artísticas de réxime especial.
Transformación dun IES nun CIFP
Publicada a orde pola que se transforma o instituto de educación secundaria Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) nun centro integrado de formación profesional.
Adxudicación definitiva do CADP
Publicada a resolución definitiva da adxudicación de destinos provisionais dp profesrado para o curso 2022/2023.
Ensinanzas de persoas adultas
Publicadas no DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022/23.
Prazas sometidas a convenio
Na web da Consellaría a baremación definitiva de méritos das persoas aspirantes aos postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou en programas da Consellaría para o curso 2022/2023.
Comisións de saúde por causa sobrevida
Publicada a relación das solicitudes de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde por causas sobrevidas para o curso 2022/2023.