Calendario
Eventos do día 10 de Agosto de 2022
Centros con STEMBach
Publicada no DOG a relación de centros docentes autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2022/23.
Ciclos formativos plurilingües
No DOG a Resolución cos centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües, así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2022/23, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Axudas a centros concertados
Resoltas as axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.